* Día 8 de marzo de 2019 : Estamos pendentes da igualdade de oportunidades? Imos ver!!!!!

Algunhas investigacións (“Gender stereotypes about intellectual ability emerge early and influence children’s interests” (2017), realizada por investigadores estadounidenses y cuyos resultados han sido publicados en la revista Science) aseguran que as nenas comezan a sentirse menos intelixentes que os nenos a partires dos 6 anos.

Somos conscientes da responsabilidade que temos neste aspecto as persoas que nos relacionamos coa infancia (a escola, a familia)?. Que podemos facer?

Os estereotipos de xénero son aquelas crenzas fortemente arraigadas socialmente de como son ou deben ser as mulleres e os homes. Inícianse dende antes de nacer as nenas e os nenos e é a sociedade en xeral a que tende a perpetualos, facendo que dean lugar a situacións de desigualdade e discriminación. Por xustiza e por responsabilidade, tanto a escola como a familia debemos estar atentos para a súa eliminación.

Algunhas reflexións de especial relevancia con respecto a este tema:

    • Estamos animando ás nenas a que se movan, a que asuman novos retos motores, a estar no centro da proposta, que ocupen espazos relevantes…? Seguimos arroupando ás nenas sen lles dar a oportunidade de se mover, de asumir retos, de desfrutar dos logros dos seus movementos e das súas posibilidades?

Permitir asumir retos e desfrutar do acadado!!!

Permitir asumir retos e desfrutar do acadado!!!

    • Dámoslle oportunidade a eses nenos mais activos, mais movidos, a centrarse en aspectos que precisen atención, concentración, lentitude, paciencia…?

    • Estamos animando aos nenos a falar dos seus sentimentos cando algo lles molesta dos outros?Ao uso das palabras e a expresión das emocións?

Izan pon a descansar os bebés e logo deitase el.

Izan pon a descansar os bebés e logo deitase el.

    • Animamos ás nenas a rexeitar o que non queren? Aprendémoslles a dicir “non quero” “Non me gusta”, ou preferimos que sexan “obedientes” ??

    • Prestamos atención á nosa linguaxe tanto oral como escrita? Facemos unha linguaxe inclusiva ou pola contra seguimos chamándolles “nenos” a tódalas crianzas? Recordemos que o que non se nomea non existe!!!

    • Somos conscientes de que os xoguetes non teñen sexo? Como é posible que moitos nenos e nenas con moi pouca idade falen de que tal ou cal xoguete é de nenos ou de nenas? Que lle estamos dicindo nas casas? Que información están a ofrecer os medios de comunicación? E o peor, que estamos a dicir e facer as escolas? 

Diego asumiu a responsabilidade da alimentación dos pequenos, axudándolle a mellorar o seu comportamento con respecto a eles na escola.

Diego asumiu a responsabilidade da alimentación, axudándolle a mellorar o seu comportamento con respecto as amizades na escola.

    • Os referentes das crianzas nos contos que lles lemos rompen cos roles e estereotipos de xénero? as princesas loitan e se defenden? e os nenos choran e amosan os seus sentimentos?.

    • Potenciamos ou favorecemos que non só sexan as nais as que participen da vida da escola? Facemos dende a escola que os pais formen parte e desfruten como fan as nais ?

o benestar das crianzas e cousa de todas e todos.

o benestar das crianzas e cousa de todas e todos.

    • Damos oportunidades de corresponsabilidade ás nenas e aos nenos? Facemos que sexan momentos de desfrute e experiencias enriquecedoras para as crianzas?

    • E as familias? Temos as mesmas posibilidades de desfrutar da crianza dos nenos e das nenas tanto se somos pais como se somos nais?

Botádelle unha ollada á publicación do ano pasado:

http://www.escolasinfantisdegalicia.es/sobradodosmonxes/2018/03/

 

MOITAS GRAZAS, MOITO QUEDA POR FACER  E  FELIZ DÍA DA MULLER!!!!!.

2 reflexións sobre “* Día 8 de marzo de 2019 : Estamos pendentes da igualdade de oportunidades? Imos ver!!!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *