Arquivos mensuais: Outubro 2018

* Familia e escola remando xuntas!!

É na educación infantil, e mais no primeiro ciclo, cando a relacións das familias coa escola son mais habituais, mais que noutros ciclos ao longo da escolarización, pero isto non significa que esa relación non estea exenta de dificultades.
Somos conscientes de que cada familia é un mundo, do mesmo xeito que cada profesional o somos tamén. E que aínda que o equipo da escola sexa especialista en educación infantil, son as familias as expertas nos seus propios fillos e fillas.
Cando se fai intercambio de información, coñecemos mellor ás crianzas e, si conseguimos traballar en conxunto familia e escola, e intentamos chegar a acordos, centrados nos beneficios para as nenas e nenos, os resultados son espectaculares.

Colocamos ás crianzas que non saben andar deitados boca arriba e eles van decidindo a postura.

Colocamos ás crianzas que non saben andar deitados boca arriba e eles van decidindo a postura.

As veces custa entender ás persoas adultas  que o chan é o mellor espazo de xogo

As veces custa entender ás persoas adultas que o chan é o mellor espazo de xogo

Na escola colaboramos e aprendemos todos e todas: familias dentro, crianzas novas e expertas na escola e as persoas docentes.

Na escola colaboramos e aprendemos todos e todas: familias dentro, crianzas novas e expertas na escola e as persoas docentes.

A escola de Sobrado propón brindar abanos amplos de participación axeitada a cada unha das familias (nas entradas ou saídas, reunións informais, titorías, … ). O caso e ir dando e ofrecendo información de relevancia con respecto á filla ou ao fillo, que poida influír no seu desenvolvemento. Por parte da escola, axudámonos con imaxes ou vídeos, rexistros, e mesmo artigos e documentos, o noso blogue…que xustifiquen as decisións.

Explicamos ás familias que o  exterior para os mais pequenos e pequenas é un espazo cheo de posibilidades.

Explicamos ás familias que o exterior para os mais pequenos e pequenas é un espazo cheo de posibilidades.

Tratamos así de fomentar a concienciación da función educativa facendo que cada vez se sintan mais competentes nas súas funcións maternas e paternas, e o mesmo si son os avós e avoas as que fan estas funcións, aínda que sexa nuns momentos determinados do día.
A escola precisa das familias información sobre o seu xeito de facer, precisamos da súa experiencia para que nos axude a mellorar a nosa práctica profesional, tendo en conta que a mirada está posta sempre no beneficio da crianza.

Observando aos compis encontramos as follas de menta!!

Observando aos compis encontramos as follas de menta!!

Para as persoas profesionais da educación infantil según describe Jesús Palacios e Gema Paniagua (2005):

“se queremos potenciar que os efectos positivos da escola sobre as crianzas perduren en anos posteriores, si desexamos que as familias coñezan a fondo o noso plantexamento educativo e se aspiramos a que algunhas iniciativas da escola se trasladen ao fogar, a implicación directa e frecuente da familia nas actividades cotiás da escola é a vía idónea”.

Este video reflicte  o ambiente que se acadou no  espazo de xogo logo da implicación das familias, xa dende os inicios de curso. Cando as persoas adultas colaboran, non é preciso dirixir, o xogo, o espazo e a escola é das crianzas.

Moitas Grazas Familias!!!

*As persoas adultas debemos permitirlle ás crianzas desfrutar da liberdade de movementos.

Precisamos que as familias fagades o que aconsella esta taboa, sempre se beneficiará a vosa crianza

Precisamos que as familias fagades o que aconsella esta táboa, sempre se beneficiará a vosa crianza.

Na escola de Sobrado falamos coas familias sobre os beneficios que obteñen os nenos e nenas de estar no chan dende o mais pronto posible. Si lles permitimos que dende un principio poidan experimentar, sentiranse libres, desenvolvendo as súas capacidades, base do seu desenvolvemento posterior.

As persoas adultas, tanto profesionais como familias, debemos estar pendentes para facelo o mellor posible, xa que ás veces, por descoñecemento, aínda que coa mellor intención, tomamos decisións e levamos a cabo accións, que poden interferir negativamente no seu desenvolvemento.

De inicio colocamos sempre aos nenos e nenas no chan boca arriba .

Dende o principio  colocamos aos nenos e nenas no chan boca arriba e son eles os que inician o movemento libremente .

De xeito natural, Lucía aprende por si mesma a xirarse sen apoios, nin axudas.

De xeito natural, Lucía fai intentos ata conseguir xirarse e iniciar novos movementos.

¡

Esa nova posición conseguida de xeito natural por ela mesma permítelle achegarse ata os obxectos do seu interese.

En ocasións, as persoas adultas estamos tan pendentes da  seguridade das nenas e dos nenos, que non lles permitimos facer, usando  limitacións constantes, impedindo a súa autonomía e confianza, que tan importantes son para a aprendizaxe. Así que dende a escola se decide utilizar como metodoloxía o movemento libre, e se lle solicita ás familias que colaboren na mesma liña.

Sen limitacións consegue o seu obxectivo.

Sen limitacións consegue o seu obxectivo.

Obxectivo conseguido. Rematou o xogo. Voume!

Obxectivo conseguido. Rematou o xogo. Voume!

Con seguridade e naturalidade baixo  con coidado.

Con seguridade e naturalidade baixo con coidado.

Jimena solicita a nosa axuda .

Jimena (14 meses) desexa subir ao valado, pero é moi complicado para ela…

... pero despois de observar aos amigos e amigas e intentalo varias  veces pode conseguilo por ela mesma.

… despois de observar aos amigos e amigas e intentalo varias veces pode conseguilo por ela mesma.

No caso do desenvolvemento motor, cando son bebés, é moi frecuente ver como algunhas persoas adultas se adiantan ás posturas naturais (sentalos cando aínda non están preparados, poñelos a camiñar agarrados polos brazos, usar andadores, xogar en pequenos espazos como os parques…). E, logo,  cando xa son quen de camiñar sós, e son quen de facer sen  precisar a nosa axuda, limítanselle os movementos: “non subas, que caes”,  “non te manches”, “non te descalces”, “non lances”, “non corras”, … 

Na nosa escola, pretendemos observar sen intervir, adaptar e asegurar o entorno para facilitar os movementos libres, permitindo que  as nenas e nenos confíen nas súas capacidades e no seu propio xuízo cando se enfrontan a retos.

Para desfrutar e aprender, clicade nestes enlaces:

https://www.youtube.com/watch?v=YQLzkzpRalA

https://www.youtube.com/watch?v=14gWirURq6I

Ata a próxima entrada!!!!