Arquivos mensuais: Setembro 2018

*Os inicios con confianza

_20180913_065308

Para a maioría das escolas o mes de setembro é un mes de moito padecemento pola temida adaptación. A escola infantil de Sobrado, polas circunstancias de ser escola unitaria e do rural, soe contar con prazas vacantes todo o curso, así que en calquera momento temos adaptacións, non só ao principio de curso, se non que tamén polo medio ou polo final. Esta circunstancia fixo que o equipo levase a cabo tarefas de reflexión, avaliación, búsqueda de información,…para acadar a máxima efectividade e benestar posible.

A xornada de portas abertas ofrécenos o privilexio de recoller moitas observacións das nenas e nenos, das relacións, dos intereses...

A xornada de portas abertas ofrécenos o privilexio de recoller moitas observacións das nenas e nenos, das relacións, dos intereses…

Como o facemos na escola de Sobrado?
Aínda que sabemos que nalgún estudio sobre a adaptación consideran que os menores están adaptados cando están emocionalmente tranquilos, teñen relacións sociais satisfactorias co resto dos amigos e amigas e con nos, ou participan das actividades que se lle propoñen, na escola de Sobrado non estamos totalmente de acordo con esa afirmación, polo que o primeiro que fixemos foi establecer un significado para a adaptación, xa que si non temos un criterio común de escola, non podemos facer a planificación pertinente.
O equipo da escola  considera que as nenas e nenos acadan a adaptación cando se senten libres na escola e cando o espazo lles pertence. Cando saben o que teñen que facer dende que entran, aínda que non o fagan; cando entran con gañas de xogar e están pendentes dos xogos e xoguetes, dos espazos, das sorpresas; e tamén, cando comprenden as normas da escola, aínda que as intenten saltar. Así que, para nos, o período de adaptación é o tempo que se precisa para poder confiar e permanecer con tranquilidade e seguridade na escola. Para acadar a adaptación precisamos pasar por un proceso de familiarización que vai incrementando pouco a pouco e, é
diferente para cada quen.

Uxía está contenta, recorda o ben que o pasou o curso anterior e descobre o que é quen de facer agora.

Uxía está contenta, ten bos recordos da escola e descobre o que é quen de facer agora, que antes non podía.

Que precisamos para permanecer con tranquilidade e seguridade? Cales son os ingredientes?

  • A escola debe ser divertida e interesante, ao mesmo tempo que tranquila e segura. As crianzas deben saber o que ocorre e o que vai pasar. As normas deben ser comprendidas por eles, deben ter significado, non deberán ser impostas.
  • As persoas adultas deben acompañar e facilitar, animar e reforzar, por se alguén o precisa. Observar, non dirixir e non ser protagonistas.
  • Os nenos e nenas deben entender o espazo como seu. Deben ter o poder de decidir e elixir, sentirse únicos, entendidos, aceptados e respectados.
  • A coordinación familia-escola é fundamental.
A información que ofrece a familia é fundamental

A información que ofrece a familia é moi valiosa para levar a cabo a planificación e coñecer as necesidades e intereses.

Cando todo o anterior está claro, comezamos a planificar:

  • Revisamos sempre os documentos da memoria da escola dos outros cursos para evitar repetir erros e centrarnos nas estratexias de mellora que se anotaron. Así que cada planificación é diferente. Cada curso é diferente.

    Que alegría  o reencontro na escola!

    Que alegría o reencontro na escola!

  • Analizamos información que ofrecen as familias durante as entrevistas iniciais e as observacións que fai o propio equipo. Isto danos unha idea xeral dos intereses e necesidades de cada crianza.
  • Coa información anterior organizamos os tempos, os espazos, os materiais, as actividades do cotiá,…sempre tendo en conta os principios e a metodoloxía da nosa escola: exterior todo o ano, o uso de todos os espazos dentro da escola, a liberdade de movementos, o pes descalzos, …
  • Coidamos a planificación das propostas para cada espazo así como os ambientes. Os materiais estarán colocados de xeito atractivo co que garantimos que sexan de interese para todos e todas, e favorecemos un ambiente tranquilo e calmado, coidando o noso ton de voz, cunha música agradable e envolvente e co silencio.

    Izan observando a evolución da hora o primeiro día de setembro. Que ricos os tomatiños!!

    Izan observando a evolución da horta o primeiro día de setembro. Que ricos os tomatiños!!

  • Atendemos ao noso rol de educadores. A nosa posición no espazo é de observación , facilitación e acompañamento. Evitamos o adultocentrismo. A escola é das nenas e dos nenos. Son eles os que dirixen o seu xogo cara aos seus intereses.
  • Calquera día do ano facemos o mesmo recorrido pola escola. Facemos que cada día sexa igual pero diferente. Entramos polos mesmos sitios, facemos as mesmas accións, pero colocamos materiais diferentes.
  • Instamos a que as familias estean dentro da escola dende o primeiro día. Preparamos unhas cadeiras onde deberán estar sentadas. Non deben intervir. Son observadoras e e proporcionan a seguridade que os seus nenos ou nenas precisan. No proceso, imos traballando coa familia para ir acadando pouco a pouco a distancia precisa, e o momento de marchar.
traballamos  coa familia dentro da escola. as incicacións aseguran unha atención individualizada

Traballamos coa familia dentro da escola. As indicacións aseguran unha atención individualizada das nenas e nenos.

 

As veces é necesario o apoio familiar e o reforzo para iniciar o xogo.

As veces é necesario o apoio familiar e o reforzo para iniciar o xogo.

Que resultados imos obtendo:

  • Observamos que cada curso as nenas e nenos de renovación entran con moita seguridade na escola, e diríxense cara aos elementos preparados nos espazos. Como non todos e todas somos iguais, hai quen precisa de un tempiño para soltarse e, que estea a familia dentro favorece o inicio.
  • As familias xa se dan conta cando deben marchar do espazo, trátase dun proceso moi natural.
  • Como facemos o recorrido polos espazos da escola como calquera día do curso, incluído a xornada de portas abertas, os nenos e nenas van recordando e familiarizándose co proceso da escola moi rápido. Xa, no primeiro día do inicio soe haber tanta tranquilidade, que a presenza das familias apenas é necesaria.
Cada un decide a que xogar. As veces solicitan o noso apoio

Cada un decide a que xogar. As veces solicitan o noso apoio

  • Cando inician os nenos e nenas novas, as familias tamén están dentro do espazo. Os seus fillos e fillas soen observar antes de actuar. Animamos e reforzamos cada achegamento. Os nenos e nenas de renovación, teñen curiosidade polas nenas e nenos novos, aínda que están mais centrados en desfrutar e xogar cos elementos das propostas presentadas.
  • Coa coordinación entre a familia e o equipo vanse levando a cabo estratexias favorecedoras da incorporación, e a continuidade ou non da familia dentro da escola.

Temos en conta que os horarios de inicio están centrados a partires dos momentos de mais interese para eles, así si lles gusta comer, iniciamos o tempo na escola un rato antes e despois de esa acción que tanto lles interesa. Si lles gusta xogar no exterior, un ratiño antes e despois. Nunca hai moitas familias xuntas ao mesmo tempo, acadando mais efectividade. A estancia na escola vaise incrementando paulatinamente.

Ten curiosidade polo divertido xogo que fan os nenos e nenas que levan mais tempo na escola.

Triana ten curiosidade polo divertido xogo que fan os nenos e nenas que levan mais tempo na escola.

  • A medida que imos avanzando na progresión de accións do cotiá, as nenas e nenos van comprendendo o funcionamento da escola sendo de vital importancia a colaboración das amigas e amigos dos cursos anteriores, xa que van vendo o xeito de facer.

    Ian desfruta moito no exterior. A súa xornada de adaptación planificase ao redor dese momento.

    Ian desfruta moito no exterior. A súa xornada de adaptación planificase ao redor dese momento.

  • Podemos dicir que en moi pouquiños días xa está asumido o proceso. Hai veces que queda algunha cuestión que se vai traballando coa familia para favorecelo.
    Daniel inicia o xogo dende unha posición natural.

    Daniel inicia o xogo dende unha posición natural.

    O equipo da escola de Sobrado fai, dende os inicios de curso, unha pequena reunión diaria onde se poñen en común as observacións que durante a xornada se fixeron. Estas observacións fan referencia ás nenas e aos nenos, en relación ao seu xogo, ás relacións establecidas entre elas, eles e nos, os conflitos que se produciron e a súa resolución, a autonomía que posúen nas actividades do cotiá, … pero tamén analizamos a adecuación das propostas presentadas ou a organización dos espazos e dos tempos, sen esquecer o propio traballo en equipo e a coordinación que temos entre nos tratando de establecer melloras que beneficien ás crianzas e a unha escola calmada e tranquila.

    Poder xogar no exterior a diario favorece a confianza de Diego na escola.

    Poder xogar no exterior a diario favorece a confianza de Diego na escola.

Esperamos que esta información axude  a acadar un proceso de familiarización o mais doado posible.

Para botar unha ollada:

http://www.pequefelicidad.com/2015/09/el-periodo-de-adaptacion-escolar-que.html