Arquivos mensuais: Xuño 2018

Déixovos o meu tesouro!!!

A familia observa dende a periferia.

A familia observa dende a periferia.

Algunhas familias téñeno máis claro. Outras familias non o teñen tanto. Pero o que soe ser común, é a dificultade de tomar a decisión. Supón un impacto emocional moi importante nas familias separarse das fillas e fillos. O equipo educativo da escola de Sobrado, non o esquece, e teno moi en conta, así que, pretende crear oportunidades que intenten minimizar ese impacto emocional.

 

A familia observa sen interromper. Só observar e desfrutar.

A familia observa sen interromper. Só observar e desfrutar.

Dende os inicios consideramos que as familias deben estar dentro da escola. Se poden. Cando desexen. En calquera dos seus espazos durante todo o curso escolar. Ofrecemos unha escola aberta. Teñen a posibilidade de ver como xogan, aprenden e interactúan os seus fillos e fillas. Poden coñecer e entender mellor o noso plantexamento educativo. Observan outro modo de facer, fonte de iniciativas para levar a cabo no fogar. E, o mais importante, abrir as portas da escola xera confianza e tranquilidade.

As veces temos sorte, e invítanos a formar parte do seu xogo.

As veces temos sorte, e invítanos a formar parte do seu xogo.

De todas formas, cada día estamos pendentes de establecer contactos cotiás coas familias. Cando chegan, recibindo información relevante para a xornada dos seus fillos e fillas na escola. Comprendendo a situación e axustando as accións. Cando se van, ofrecendo información que reflicta o mais salientable da xornada: ocorrencias, logros, retos, dificultades, relacións, xogos, oportunidades.

 

A familia ofrece información sobre aspectos relevantes para a xornada.

A familia ofrece información sobre aspectos relevantes para a xornada.

Para que as familias poidan desfrutar do que as nenas e nenos fan na escola de Sobrado, o equipo decidiu levar a cabo a tarefa de clasificar e seleccionar as fotos e vídeos que se sacan a diario, por mes, de cada unha das nenas e nenos da escola, que ademais son usadas para apoiar, documentar, valorar, avaliar, e establecer estratexias, que axuden a mellorar o funcionamento da escola, e o benestar das nenas e dos nenos.
Entendemos que a relación familia e escola non ten que reducirse á informacións fisiolóxicas, achegas ou recados. Isto xa vai apuntado na axenda.
A escola é moito máis!