Arquivos mensuais: Abril 2018

* A observación e a recollida de información: o primeiro paso

 

Observación dun xogo compartido no exterior. Falan das posibilidades e da pertinencia

Observación dun xogo compartido no exterior. Falan das posibilidades e da pertinencia

Tentamos avanzar cara un tipo de escola onde se faga un continuo esforzo na personalización da resposta educativa, con ofrecementos variados, interaccións individualizadas e con marxe de actuación e elección das nenas e nenos. Para poder levar a cabo unha resposta educativa axeitada debemos antes coñecer o que se precisa, e a mellor forma de facelo é mediante a observación.

 O interese polos agochos fai que se faga un  para unha das salas de xogo interior

Hai interese polos agochos, un para o interior

Outro agocho tamén para o exterior

Outro agocho tamén para o exterior

Anotamos nos nosos documentos de centro que a observación sería a ferramenta básica do noso traballo. O método para obter información que nos axudaría a planificar, poñer en marcha, avaliar e facer seguimento, de calquera aspecto da escola.

A observación das miradas das familias no período de familiarización

A observación das miradas das familias no proceso de familiarización

Iniciamos a observación no proceso de familiarización. Momento no que intentamos estar dispoñibles para as nenas e nenos. Nós somos observadores e esperamos a que eles inicien o intercambio. Intentamos demostrarlles que estamos interesados en eles e elas, e que comprendemos a situación. As nenas e nenos van comunicando os seus intereses, as súas necesidades, os seus gustos. A partir de estas primeiras experiencias vamos planificando os espazos, os tempos, os materiais.

Observación da dispoñibilidade do equipo no crítico período de familiarización á escola

Observación da dispoñibilidade do equipo no crítico período de familiarización á escola

A medida que vai pasando o tempo e ao longo do curso, seguimos na escola facendo observacións e rexistrándoas. Observamos todo o rato, como facemos na vida mesma. Solo que a observación que facemos na escola é unha observación consciente e dirixida, ten unha finalidade. Esa finalidade é a de proporcionar estratexias educativas que lles axuden na adquisición das habilidades necesarias para o seu desenvolvemento harmónico e integral, que xunto a información que obtemos das familias, axúdanos a intervir de xeito coherente e en conxunto, en beneficio dos nenos e das nenas, para ir da man a familia e a escola.

Se  o precisan proporciónaselles envoltura para o inicio

Se o precisan proporciónaselles envoltura para o inicio

O afecto necesario para unha boa xornada

O afecto necesario para unha boa xornada

Na escola de Sobrado decidimos facer observacións por momentos da escola. Así, observamos como se fan as acollidas e despedidas coas familias, o momento de xogo e de interacción, e os momentos de de hixiene, comida ou sono. Centramos a nosa atención especificamente en aspectos motores, lúdicos, sociais, comunicativos e calquera outro que consideremos relevante e que poida influír no desenvolvemento dos nenos e nenas.

Cando se inicia a sesta na escola precisamos acompañamento e que os expertos nos conten

Cando se inicia a sesta na escola precisamos acompañamento  e explicacións dos nenos e nenas expertas

O comedor e o tentempé son os momentos mais coidados.Que ben senta facer unha comida tranquila!

O comedor e o tentempé son os momentos mais coidados.Que ben senta facer unha comida tranquila!

A observación da autonomía e o compartir no momento de hixiene.

A observación da autonomía e o compartir no momento de hixiene.

Para levar a cabo a observación na escola de Sobrado o equipo intenta non intervir, agás nos reclamen, ou sexa convinte. As persoas adultas observamos e recollemos información mediante vídeos ou fotografías, tendo en conta a non interrupción das accións que están levando a cabo as nenas e os nenos. Ao final de cada xornada expoñemos, nunha pequena reunión, os aspectos mais relevantes do día, que recollemos nos documentos de rexistro e anecdotario.

 Cóntannos o que facían observando a súa propia imaxe

Cóntannos o que facían observando a súa propia imaxe

Con toda esta información planificamos as propostas e as estratexias a levar a cabo. Todo o que observamos danos información para tomar decisións sobre aspectos relativos ao noso rol de educadores, a adecuación dos espazos e materiais, as preferencias, as necesidades, as carencias, os logros, os retos, os tempos, os apoios, as comunicacións,…e en definitiva, danos pé a establecer estratexias transformadoras.

elas e eles experimentan e víveno...

Elas e eles experimentan e víveno…

...logo represéntano

…logo represéntano.

A observación é unha técnica que na nosa escola levamos practicando dende os inicios, e que consideramos que vai mellorando coa práctica. Tratamos que sexa obxectiva, e que se centre en feitos, sen prexuízos, por iso a compartimos entre a parella educativa a diario.

Observamos aos nosos amigos e amigas

Observamos aos nosos amigos e amigas…

 

...dende calquera altura

…dende calquera altura!!

Nun principio considerabamos que íamos a ser nós, como equipo educativo, as persoas observadoras, pero, démonos conta que todos e todas somos á vez suxeitos que observan e obxectos da observación.

Todos e todas observamos a todas e todos. Así, observamos aos nenos e nenas, que á súa vez, nos observan a nos; observamos ás familias, que nos observan a nos, aos seus fillas e fillos, e a relación que teñen con nos; observámonos entre os membros do equipo de traballo; obsérvannos as persoas que forman parte da comunidade educativa, e nos tamén os observamos a eles e elas. É, polo tanto, un mundo de observacións recíprocas, que serán tratadas en futuras entradas deste blogue.

Con paus xogaban a cabalos e fixemos os cabalos...

Con paus xogaban a cabalos e fixemos os cabalos…

... tiñan interese polo que había dentro do moble e fixemos espazos de xogo dentro...

… tiñan interese polo que había dentro do moble e fixemos espazos de xogo dentro…

...precisaban apoio e cun pau solucionouse...

…precisaban apoio e cun pau, solucionouse…

Caixóns para abrir

Caixóns para abrir, teñen moito éxito

O xoguete mais interesante

O xoguete mais interesante

Como profesionais da educación infantil, sabemos que debemos velar polo desenvolvemento físico, afectivo, social e intelectual das nenas e nenos, da nosa escola, en estreita colaboración coas familias, pero non só iso, senón que tamén deberemos ter en conta a planificación educativa, a organización dos tempos e traballo do equipo e as interrelacións coas familias e a comunidade. Debemos, polo tanto, estar capacitados para facer observacións e decidir en que nos debemos centrar.