* Sen zapatos na escola

 

IMG_4203

A decisión de poder andar descalzos na escola de Sobrado aparece xa nos primeiros días da nova reapertura da escola, alá por setembro do 2016. Compártese entre o equipo as sensacións de calma e tranquilidade que se experimentou ao observar nunha das escolas desta rede, a algunha compañeira referente, sen calzado na súa escola. As connotacións que transcendían dese feito eran moitas. A mais importante: unha práctica educativa diferente.

IMG_5896

Na escola de Sobrado tamén o queremos  levar a cabo. Andar descalzos na nosa escola significa: 

Comodidade: Moitas persoas adultas sacamos os zapatos cando chegamos á casa, despois dunha dura xornada de traballo, nos espazos de confianza, onde estamos seguros, onde gozamos… sacar os zapatos significa poñerse cómodos, estar a gusto, estar seguros, polo que na escola de Sobrado decidimos que esa era unha práctica interesante para permitir.

preparamos os pes para entrar na escola

Preparamos os pes para entrar na escola

Respecto e hixiene: a escola é das nenas e dos nenos, e o chan da escola é o espazo privilexiado de xogo. Respectamos o seu espazo cando andamos por el sen zapatos, con calcetíns, cun calzado especial ou mesmo con calzas cubrezapatos, si estamos pouco tempo. Alí déitanse, corren, poñen as mans, os pes, e incluso a boca, e convén que estea limpo, polo que suxerimos ás familias que anden tamén sen zapatos, que respecten esa práctica. Cando saímos ao exterior, que o soemos facer todos os días sen importar a climatoloxía, utilizamos botas. Tamén temos un lugar planificado para iso.

as familias sen zapatos dentro da escola

sen quitarnos os zapatos non entramos no espazo de xogo

Sen quitarnos os zapatos, non entramos no espazo de xogo

Experimentación: Aos nenos e nenas gústalles quitar os zapatos, ou incluso os calcetíns. É un modo de experimentar co seu corpo. Tamén se sente cos pes. E cando se lles e priva desa experimentación, estáselle eliminando a posibilidade de adquirir novas sensacións e experiencias que contribúen dun modo moi importante ao seu desenvolvemento.

20180109_10343620180129_103633
Saúde e benestar: andar descalzos ou mellor sen calzado, asegura o fortalecemento e seguridade dos seus movementos. Seguro que con zapatos anda mais rápido e mellor, pero non é real. Non temos presa.

IMG_394520180112_101021
Cal é a razón pola que en moitas escolas e moitas familias estean empeñadas en que os nenos e nenas anden calzados?
As respostas mais comúns están baseadas en mitos.
Antes dicíase que os pes tiñan un mellor desenvolvemento cando se levaba calzado dende moi pequenos. Hoxe en día sábese que, andar descalzos ofrece moitos beneficios como a corrección dos desequilibrios nos movementos, fortalece os pes, os seus músculos e articulacións, mellora o equilibrio, entre outros.

pintar cos pes

experimentar cos pes

Experimentar cos pes

Outra razón pola que algunhas persoas adultas se empeñan en que estean calzados é para que non se arrefríen. Nada mais lonxe da realidade. As persoas expertas aseguran que os arrefriados veñen cando ocorren á vez, virus con frío, no tracto respiratorio. Nada que ver teñen os pes, de tódolos xeitos cuns calcetíns quentiños estaría todo solucionado.

IMG_5413probando calzado dos adultos
Como docentes, non ter que estar pendentes do calzado ou dos pes descalzos das nenas e dos nenos e poder centrarse no importante, axuda a mellorar a nosa profesionalidade.

Aquí vos deixamos algunha documentación e páxinas de interese:

http://revistas.ucm.es/index.php/RICP/article/view/RICP0707120027A/18634

(DESCARGADE O FICHEIRO PDF )

https://www.bebesymas.com/desarrollo/ninos-descalzos-mas-inteligentes-y-sobre-todo-mas-felices

http://elblogdelpodologo.com/category/bebes/

https://mejorconsalud.com/beneficios-de-caminar-descalzo-que-desconocias/

https://babytribu.com/la-importancia-peques-desclazos/

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *