Arquivos diarios: 3 Xaneiro, 2018

* As festas, os días especiais e as celebracións na escola de Sobrado

IMG_0887 IMG_0366 IMG_1721 IMG_6148 IMG_5873 IMG_6242                Algunhas propostas de xogo no espazo da sorpresa

Na escola de Sobrado todos os días son especiais. Cada día é diferente ao anterior. Cada día hai unha sorpresa. Elas e eles xa o saben.

IMG_6090IMG_637220160920_10352720170619_123842                 Compartimos, reutilizamos, coidamos, gozamos!

Cada unha das accións, propostas, sorpresas están impregnados de temas transversais. A igualdade, a paz, o respecto polo medio natural, o desenvolvemento persoal, respecto pola familia, pola amistade pola cultura e as tradicións, o gusto pola lectura, o rexeitamento das violencias,.. Para que o imos celebrar de xeito puntual un día determinado se non é significativo para os nenos e nenas?

IMG_5970IMG_6326  IMG_6215 IMG_6347IMG_6008 IMG_6448               Leemos, observamos, manipulamos, experimentamos!

Participan nas festas e celebracións? Son realmente felices as nenas e os nenos nas festas? Son protagonistas na escola? As celebracións atenden ás diversidades e as especificidades de cada unha das nenas, nenos ou das súas familias? Cal é o papel do educador e da educadora na celebración? Como inflúe na actitude dos nenos e nenas que as familias estean nas celebracións da escola?…Estas son algunhas das cuestións que nos formulamos.

 

IMG_6424 IMG_6422 IMG_6573 20171205_112037           Inventamos, sentimos, coidamos!

O feito de coñecer o que ocorre na escola dende que os nenos e nenas entran ata que saen prodúcelles unha enorme tranquilidade. Fai efectivo o seu desenvolvemento en tódalas dimensións e permítelles construír os referentes afectivos con adultos e iguais, cos diferentes elementos, espazos, estruturas temporais, percepcións corporais, emocións, coñecementos e estratexias. E, se isto se da nun ambiente cheo de afecto, onde se potencie a súa autonomía e se favoreza o protagonismo das nenas e dos nenos durante tódalas as xornadas na escola, as aprendizaxes serán de maior calidade. Por todo isto, non celebramos!.

IMG_0108 20171222_103708             Vemos, oímos, sentimos e amamos!

Permitimos compartir todo isto coas familias e co entorno durante calquera dos momentos da xornada e calquera día do ano, sentadas na cadeira en calquera dos espazos, para observar mellor e non interromper o xogo delas e deles, que son os protagonistas reais da escola.

Observamos, escoitamos e desfrutamos.