* A sociedade que desexamos

Fixemos un xogo. Pensamos na realidade, na sociedade, no mundo que nos rodea. Imaxinamos un mundo mellor, na sociedade que nos gustaría ter. Sóbranos o egoísmo, o abuso ás persoas mais débiles, as inxustizas, a ignorancia, a agresividade, as mentiras, a corrupción, a intransixencia. Paramos. Hai demasiadas cousas que non nos gustan. Agora cambiamos o xogo. Anotamos o que nos gustaría. Como nos gustaría que fose a nosa sociedade. Saíron moitas. Moitas. Unha sociedade onde se pensara no ben do conxunto das persoas, o empoderamento das persoas mais débiles para que non abusen delas, ser autónomo e poder decidir sen que nos impoñan, ter capacidade crítica e poder dicir non sen problemas, que as persoas se impliquen e que sexan responsables, con capacidade de cuestionar e que se lle dea importancia ao importante. Que podemos facer para que as nosas nenas e nenos vivan nunha sociedade mellor?. Un pequeno grao de area dende a escola infantil de Sobrado. Empezamos.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *