Arquivos mensuais: Decembro 2017

* Dous agasallos para as nenas e os nenos, familias, compañeiras e compañeiros que facedes posible que esteamos orgullosos da nosa escola e que desexemos compartila. Felices festas e que teñades un próspero ano novo. Saudiños de Pily e David

Poñendo en valor a nosa cultura coa música de Ses e co conto do Apalpador

.

(Para poder ver o conto, tedes que marcar todo o enlace e abrir a ligazón)

http://pt.calameo.com/read/0004295847fa5af1395b5

* A sociedade que desexamos

Fixemos un xogo. Pensamos na realidade, na sociedade, no mundo que nos rodea. Imaxinamos un mundo mellor, na sociedade que nos gustaría ter. Sóbranos o egoísmo, o abuso ás persoas mais débiles, as inxustizas, a ignorancia, a agresividade, as mentiras, a corrupción, a intransixencia. Paramos. Hai demasiadas cousas que non nos gustan. Agora cambiamos o xogo. Anotamos o que nos gustaría. Como nos gustaría que fose a nosa sociedade. Saíron moitas. Moitas. Unha sociedade onde se pensara no ben do conxunto das persoas, o empoderamento das persoas mais débiles para que non abusen delas, ser autónomo e poder decidir sen que nos impoñan, ter capacidade crítica e poder dicir non sen problemas, que as persoas se impliquen e que sexan responsables, con capacidade de cuestionar e que se lle dea importancia ao importante. Que podemos facer para que as nosas nenas e nenos vivan nunha sociedade mellor?. Un pequeno grao de area dende a escola infantil de Sobrado. Empezamos.