Arquivos mensuais: Novembro 2017

* Da idea da infancia á practica na escola

O proceso de transformar a visión que se ten da infancia en accións concretas do día a día na escola, significou unha aposta pola reflexión das accións pedagóxicas que levamos a cabo as persoas adultas coas nenas e nenos.

 

afecto5 afecto2 afecto3                                                                                                             Acompañamos en cada acción ás nenas e nenos compartindo cada novo reto

Trátase de ir deconstruíndo un rol docente tradicional e ir introducindo unhas prácticas que se basean no goce pola atención e o entendemento do facer das pequenas e pequenos, partindo da confianza nas súas capacidades e optando por un papel de observación e de acompañamento do proceso de cada nena e neno e do conxunto para seren os verdadeiros protagonistas dentro da escola, mediante achegas relacionais de seguridade e respecto, e metodolóxicas, que lles faciliten o camiño, vivindo xuntos cada situación, tratar de enriquecela, e dar tempo para que responda cada quen á súa medida.  

afecto4afectoafecto1                                                                                                             Tratamos de enriquecer se os pequenos e pequenas nos permiten

Unhas prácticas pedagóxicas que parten do respecto.

* As nenas e os nenos, o eixo da escola de Sobrado

Antes de planificar os espazos, de coñecer as vistas dende a escola, de traballar sobre a acústica da mesma, como comentamos nas anteriores entradas deste blogue, pensamos e reflexionamos, entre outros aspectos, no que significan para o equipo educativo as nenas e os nenos.

IMG_2318IMG_4555            As nenas e nenos deciden si queren xogar dentro ou fora. Os adultos organizámonos!

Apostamos por unha idea de infancia na que se conciben ás nenas e aos nenos como suxeitos de dereitos, interactivos e interactivas cos coetáneos, co ambiente e coa cultura. Concibímolos como persoas únicas, independentes, exploradores individuais do mundo que os rodea, e con dereitos, capacidades e voz propia na toma de decisións da súa vida, e así o recollemos nos nosos documentos de centro que impregnan cada acción na escola.

20170518_102414IMG_3363

20171013_104446  IMG_5836                    Elas e eles deciden a que xogar e con quen compartir, se o desexan.

A partires desta idea de infancia, optamos por un marco educativo no que o acompañamento é a ferramenta de intervención que utilizamos con elas e eles, co fin de que acaden as súas conquistas para a construción da súa identidade, con respecto polas propias pontencialidades, conscientes de que ser diferente é un valor e un dereito, e que as diferenzas son unha fonte de riqueza onde todos temos sempre algo que achegar.

IMG_4278IMG_5852IMG_2270   IMG_2137

Permitimos facer, xogar, moverse en liberdade e conquistar o seu propio espazo, intereses e aprendizaxes

Temos presente que calquera acción que se leva a cabo na escola xira arredor das nenas e dos nenos por iso marcamos como un dos obxectivos xerais permitir facer, xogar, moverse en liberdade, e conquistar o seu propio espazo, intereses e aprendizaxes, entendendo que todo o demais é secundario.

IMG_5805 IMG_4548 IMG_217920170421_113242                                  Propoñemos a partires do que observamos en relación a aspectos psicomotores, sociais, comunicativos, e outros, a nivel individual e que beneficie ao grupo

Somos conscientes e non esquecemos que as nenas e os nenos son o futuro, e que o período dende o nacemento ata os tres anos é crucial para o seu desenvolvemento, polo que como escola e como profesionais da infancia, intentamos formular estratexias coherentes, integrais e harmónicas que favorezan ese desenvolvemento e nos achegue a unha mellor sociedade.

Un agasallo para as persoas que nos seguides: Dave Brubeck. Take five