Arquivos mensuais: Outubro 2017

* Os espazos da escola: a escola de Sobrado por dentro

 Para propiciar unha escola relaxada, cálida e acolledora tamén nos propuxemos na escola de Sobrado coidar a decoración e a presentación das propostas en calquera dos espazos.

Dispuxemos que estivese libre de adornos superfluos, con paredes limpas e sen elementos que distraian, agás unhas zonas de fotografías onde os protagonistas son os nenos e as nenas xogando nos diferentes espazos da mesma, e, en canto ás propostas, estas son planificadas atendendo á diversidade dos nenos e nenas, e en función das súas necesidades e intereses cunha presentación ordenada, coidada e atractiva, en calquera dos espazos tanto interiores como exteriores.

A nosa escola está orientada cara o leste, co que cada día vemos como amanece e gozamos cos raios de sol que nos quentan, nos ofrecen sombras divertidas, e nos dan a enerxía para gozar toda a xornada e , temos un chan quentiño que é usado como espazo de movemento en liberdade, descalzos é cómodos.

IMG_295020170912_09024520170912_090223                                                                                                             Espazo 1, varía cada semana en función dunha planificación previa que atende ás necesidades e intereses individuais e do conxunto

E importante comentar que a nosa escola conta con diferentes zonas, a primeira é a de acollida, onde retiramos os zapatos, nos poñemos cómodos, onde lles ofrecemos envoltura e recibimos a información de aspectos relevantes que poidan influír na xornada, por parte das súas familias.

A transición á zona 1, discorre por un camiño de alfombra, e dende aí observan toda a zona de xogo. Para o deseño do espazo temos en conta que a escola ten un só grupo de 0-3, polo que non todos están no mesmo nivel evolutivo e precisan diferentes elementos de xogo.

A zona de aseo e hixiene é tamén en si mesmo un espazo de exploración coa auga, coa súa roupa, cos seus cueiros, cos penicos, de interacción entre eles e elas e coas persoas adultas.

IMG_2958IMG_5371IMG_5024IMG_3174                                  Espazo para hixiene, e baño si é preciso. Tamén se utiliza para determinadas propostas lúdicas.

Cada día na zona intermedia (zona 2) hai unha sorpresa, onde se pode producir a exploración total e o descubrimento persoal e propio. O espazo está libre de elementos perturbadores, tan só se presentan elementos, na maior parte das veces, naturais, onde os nenos e as nenas experimentan, manipulan e exploran ao seu ritmo e interese.

IMG_3614 IMG_3108 20170905_113525 IMG_4846               Espazo 2. as nenas e os nenos chámanlle “a sorpresa” xa que cada día varían a partires dunha planificación previa.

O exterior e a horta é utilizado de xeito diario, sen importar a climatoloxía, poñendo en valor o natural, o contacto co aire, as herbas, a area, a terra, o chan, as pedras, a chuvia, os cambios estacionais, os ritmos de medramento da natureza, etc.

20170905_11354020170505_093517

20170505_09350020170505_09343520170508_11291420170523_135243IMG_3504IMG_349220170523_135219IMG_3260IMG_3666                                                                                                             O exterior usase todo o ano así como a horta.

Na zona de descanso hai berces e camiñas apilables e a nenas e os nenos poden acceder libremente cando o necesiten. Non se considera necesaria a música para durmir neste espazo, sabendo que ningún neno nin nena a precisa na súa casa.

IMG_3777 IMG_3779            O Espazo dormitorio conta só cos elementos necesarios.

Como na escola de Sobrado non temos servizo de cociña son as familias as que teñen que traer fiambreiras coas comidas de cada neno e nena que son recollidas e almacenadas ata a hora da súa preparación. O espazo de comedor, tanto se pode facer no espazo interior da escola como fóra, facilitando que ese momento sexa de de goce e desfrute da comida, onde se xere un clima relacional de tranquilidade, sen estrés, que favoreza a saúde e benestar, no que se sintan que son quen de comer por si mesmos os seus propios alimentos, de saborear, de explorar, potenciando a súa participación.

IMG_279120170529_12092720170529_12115220170529_123153IMG_5498IMG_5496                       Comemos fora se a climatoloxía o permite e fomentamos a colaboración.

Entendemos que calquera espazo da escola é susceptible de ser utilizado con fins educativos como a recollida do comedor, a cociña, a lavandería.

* Algo do que escoitamos cando entramos pola porta da nosa escola de Sobrado

Cando no inicio da nova andaina pensabamos na visión da nosa escola, tiñamos claro que o coidado dos estímulos auditivos era un dos elementos a ter en conta. A nosa idea era propiciar unha escola relaxada, cálida e acolledora. Desexabamos romper co ruído que se escoita en moitas escolas tradicionais, onde se oen moitos choros e berros, voces dos adultos, ben das familias, ben do persoal docente, que superan aos nenos e nenas, e outros sons ruidosos que nos impiden oír os xogos, as risas e os descubrimentos das pequenas e pequenos.

Entendemos, pola contra, que o silencio é o ritmo que marca a infancia para levar a cabo internamente algo que lles resulta relevante, polo que desexamos que se respecte absolutamente. Intentamos potenciar ese proceso interno de aprendizaxe eliminando os máximos ruídos posibles, entendendo que o silencio e unha boa práctica para concentrarse, para encontrarse con eles e elas mesmas, e para relaxarse.

Como profesionais da infancia potenciamos ese silencio intervindo o mínimo posible. Conseguimos así percibir, entender e respectar, fomentando a escoita activa a todas as súas expresións, intereses e necesidades. O ton de voz que utilizamos na escola é moi baixo, claro, seguro e afectuoso.

Desfrutamos dos sons que produce a natureza e o noso contorno en Sobrado, como se puido observar na primeira entrada deste blogue, e facemos unha selección de temas musicais que se escoitan na entrada á escola, música clásica ou jazz, que potencian o ambiente acolledor que pretendemos, pero tan só nese momento.

Cando as persoas adultas gardamos silencio e observamos, dámonos conta que os nenos e nenas nos regalan momentos inesquecibles.