Hai que empezar o día con enerxia!!!!!!!
Arquivo da categoría: As miñas anotacións
Festa de Entroido
ENTROIDO.Momentos previos á festa..
ESPAZO DAS FAMILIAS
Espazo das familias
Nova xuntanza da Orientadora de Prescolar na casa, Encarna, da directora da Escola e das familias que quixeron participar para charlar sobre o tema da Autonomía e as Rabechas nos nenos de 0 a 3 anos. Compartimos experiencias, comentamos posibles actuacións para diferentes situacións que se nos presentan cos nenos/as…Resultou un tempo moi agradable e de participación e aportaciós interesantes de tódolos presentes.
Desfile de Entroido
ESPAZO DAS FAMILIAS
ESte curso a nosa Escola Infantil está desenrolando o programa ” Espazo das Familias” coa valiosa colaboración da fundación PREESCOLAR NA CASA. Encarna, que é a orientadora da fundación que nos acompaña neste Espazo, e máis eu, xa fixemos varias xuntanzas para reflexionar e comentar como denserolar este ” Espazo das familias” na Escola I. de Foz. Tamén repartimos unha enquisa para averiguar cales son os temas que causan máis inquedanza ós pais/nais dos nenos/as. Esto permitiunos averiguar que o tema que máis lles preocupaba na actualidade, con respecto á educación dos seus fillos, era o de ” Normas e Límites”. Decidimos entón empezar por ahí e hoxe fixemos unha xuntanza, coas familias que quixeron asistir, para presentar oficialmente o ” Espazo das Familias” e tratar a continuación o tema de interese xa nomeado. Non resultou ningunha charla senón máis ben un intercambio moi fluido de experiencias e opinións, moi enriquecedor para todos/as, profesionais e familiares.
Fotos de Nadal
O Outono
“Outono de Plastilina”
Tamén chega
O Samaín
Grazas as educadoras da nosa Escola por traballar tanto para que nós disfrutemos de todo isto.
FESTA FIN DE CURSO
O día 25 de xuño estivemos de festa todos xuntos/as: familias, persoal da Escola e nenos/as,despedindo este curso.Saltamos, bailamos, fixemos globos…
A choiva fixo que tiveramos que cambiar algo os plans, sobretodo á hora de xantar que non puido ser no exterior senon no patio cuberto.
Mirade que ben o pasamos…
Este día tamén nos acompañaron as TEXI en prácticas que xa remataran e algunha compañeira que, aínda que xa non traballa actualmente con nós formou parte do noso grupo de traballo durante este curso 2007-2008.