Hola a todos/as, despois de superar o período de adaptación dos nenos/as á Escola imos comenzar a poñer no blog algunhas das actividades que realizamos, e este curso comenzamos ca que fixemos o día 24 de Outubro, o Día da Biblioteca.
Para celebrar este día fixemos unha saída cos dous grupos de nenos/as de 2 a 3 anos á Biblioteca Municipal de Foz ,onde nos estaba esperando un fermoso conto de títeres.
Gustounos ir á Biblioteca, imos volver máis veces porque a temos pretiño da Escola.