O día 25 de xuño estivemos de festa todos xuntos/as: familias, persoal da Escola e nenos/as,despedindo este curso.Saltamos, bailamos, fixemos globos…
A choiva fixo que tiveramos que cambiar algo os plans, sobretodo á hora de xantar que non puido ser no exterior senon no patio cuberto.
Mirade que ben o pasamos…
Este día tamén nos acompañaron as TEXI en prácticas que xa remataran e algunha compañeira que, aínda que xa non traballa actualmente con nós formou parte do noso grupo de traballo durante este curso 2007-2008.