Estes días quixemos facer unha pequena homenaxe a Xosé Mª Álvarez Blázquez (escritor honrado este ano o Día das Letras Galegas). Traballamos cun fermoso poema infantil do seu libro ” A Roseira do teu Mencer” (libro que lle dedica á súa filla “colorín” ).
Todos/as puxeron o seu grao de area para facer un mural cos persoaxes do poema: “O año pitaño”, “A cabuxa luxa” , ” O gato cegato”, “O coello vello” ” O galo ralo” …