Os Polviños experimentan coa auga

A auga é un elemento natural có que poden xogar as crianzas, ademais e un elemento versátil e que lles encanta.

Forma parte da nosa vida cotiá, todos témola a nosa disposición e empregámola para asearnos, para cociñar, limpar e podémola empregar como fixeron os compis da “Aula de Polviños” para facer un pequeno experimento científico.

Dunha banda,  o xogo de transvase a un recipiente cheo a outro veleiro. Ofertando botes con diferentes aberturas, coadores,  e doutra banda, percibir a diferente textura de líquidos mais o menos densos. E por último darlle o toque de maxia tinguindo a auga e metendo pequenas pedriñas, obtendo unha chulísima botella sensorial.

Xeralmente este tipo de propostas soen gustar moito as crianzas. 

Premede no seguinte enlace e contadenos que vos parece.

Os Polviños experimentan coa auga

Xantamos na escola

O momento da comida non se trata soamente de alimentar as crianzas.

Os nenos/as están aprendendo a comer, e tamén hábitos e normas que forman parte deste proceso de aprendizaxe (hábitos de hixiene antes e despois das comidas (lavar as mans, retirar pratos, cubertos e residuos)).

Dende a escola tentaremos axudar ás familias na adquisición destes hábitos.

 

O servizo de comedor darase en dúas quendas. A primeira, na que comerán os alumnos do aula dos Peixiños (aula 1 -2 ) e na segunda quenda comerán os maiores da escola , aula Polviños (aula  2-3). Os bebés como xa viña sendo habitual comerán na súa aula.

Servizo de almorzo

Pouco a pouco vamos recuperando as rutinas da escola.

Con Sofía demos comezo ó servizo de almorzos deste curso 2020-2021.

O momento do almorzo é un momento de aprendizaxe.  As crianzas buscan os babeiros, escollen o seu sitio. E práctican a coordinación óculo-manual tentando “pescar” as galletas ou cereais e levalos a boca.  

Unha vez que rematan o almorzo, levan o babeiro a cubeta para lavalo. Aséanse antes de continuar có resto das rutinas da mañá.

 

Protocolo na escola

  • Nenos/as con máis de 37´5, tose ou síntomas respiratorios, aínda que sexan leves, non acudirán o centro.
  • Crianzas en contacto cunha persoa afectada dentro ou fora da unidade familiar, tampouco deberán acudir ó centro. Non será necesario un informe médico que xustifique a ausencia. Abondará cunha xustificación dos pais/nais.
  • Os nenos deberán empregar calzado exclusivo para a escola e saír ó patio.
  • O material facilitado deberá ser desinfectado antes de gardalo: toalliñas, cueiros… outras pertenzas como: zapatillas, gorras, obxectos de apego, etc., deberán ser entregadas ao persoal, lavadas, marcadas e pechadas en bolsas plásticas evitando que saian do centro.
  • As familias tomarán a temperatura das crianzas na casa antes de levalos á escola. Con 37,5 ou mais, tose ou síntomas respiratorios non acudirán aos centros.
  • Previa á nova incorporación ao centro, as familias asinarán unha Declaración Responsable na que se comprometan a cumprir as indicacións e medidas de control do virus que se establezan por parte das autoridades sanitarias.
  • De ser detectada febre ou outros síntomas durante a xornada, as familias deberán presentarse no centro coa maior brevidade posible, polo que deberán estar localizables en todo momento. O neno sintomático dentro do centro deberá ser separado do resto dos nenos á espera dos pais.
  • Durante a vixencia deste protocolo polo COVID -19, as familias serán as encargadas de retirar abrigo/zapatos do neno/a nas zonas habilitadas. Non pasarán ao interior da escola, salvo por indicación do persoal, empregando nese caso calzas. Nese momento de entrega e recollida manterase as distancias de seguridade respecto do persoal e outros usuarios.
  • Chegada gradual, puntualidade e cumprimento estrito dos horarios previamente acordados. Só acudirá un adulto por neno/a.
  • Non se poderán deixar os carriños dentro do centro.
  • En canto a comunicación e intercambio de información diaria coas familias potenciarase o uso do tokapp, vía telefónica ou calquera outra establecida cos pais/nais, evitando o uso das axendas.
  • No reinicio e durante o proceso de inscrición e matrícula establecerase a cita previa coas familias.
  • Fomentaranse as vídeo chamadas para posibilitar o desenvolvemento non presencial das reunións familia/escola. De non ser posible solicitarase citas previas para a realización de titorías, sempre tomando medidas de seguridade e hixiene recomendadas en cada momento polas autoridades sanitarias e a ser posible, fóra do horario de atención educativa.
  • Quedan suspendidas todas as reunións e actividades de ANPAS nas instalación do centro, e regularase con posterioridade as reunións necesarios dos Consellos Escolares, ou outros órganos de representación, a través doutros medios que non menoscaben a participación dos ditos órganos no debido funcionamento da escola.
  • As reunións coas familias de inicio e fin de curso serán substituídas por reunións previamente organizadas por aulas, coa asistencia do menor número de pais e nais, coa presenza dun só proxenitor, sempre fóra do horario lectivo, e gardando as medidas que se establezan polas autoridades para cada momento.

Benvidos

Queridas familias:

Dende a escola gustaríanos transmitir a nosa ledicia de volver a estar coas portas abertas; escoitar e ver ós nosos pequenos despois de estes meses tan duros nos que estivemos afastados.

Estamos preparados para a adaptación, aplicando en todo momento as normas establecidas polas autoridades sanitarias.

Esperábamos mais lágrimas e mais dificultades, pero todo está resultando tranquilo e fácil. A vosa colaboración está sendo indispensable para o bo funcionamento do día a día.

Dámosvos as gracias pola vosa confianza, que está sendo clave para este clima sereno.

Pouco a pouco van a ir arrancando as actividades e as rutinas.

Pintamos

 

A actividade creativa permite favorecer o encontro das crianzas por medio da pintura, neste caso.

Amosámosvos dous momentos diferentes nos que a través da creatividade desenvólvese o sentido de pretenza ao grupo: o periodo de adaptación e máis adiante, cando pulpos e medusas comparten tempos e espazos.

Non importa o resultado final, importa o proceso de creación, facer e aprender facendo:

  • mancharse non importa, logo lavamos as mans…como temos que facer agora, lembrades?
  • o tacto da esponxa é un pouco áspero, blando, ao deixar de premer volta ao seu..
  • falamos con linguaxes diferentes: xestos, mans, olladas, coas pegadas no papel (diferentes presións, distinta intensidade de cor…desenvolvemos a motricidade, a percepción).
  • todos expresan a súa creatividade… interactuamos cos materiais, no espazo, coas educadoras.

Logo, expoñemos as nosas obras.

Que artistas tan especiais..

 

Agardamos que esteades ben, que estes momentos de incerteza servisen para vivir a familia dun xeito especial, como especiais sodes para toda a Comunidade Educativa da E.I.

 

Unha aperta especial a peixiños, polviños, medusas e tartarugas, tódolos rapaces da escola acollidos nunha aperta xigantesca como a barriga do polo PEPE…

 

A auga

Pequeno Proxecto

PEQUENO PROXECTO A AUGA

A auga o elemento máis importante para a vida. É dunha importancia vital para o ser humano, así como para o resto dos animais e seres vivos que nos acompañan no planeta Terra. O 70 por cento da Terra é auga e o 70 por cento do noso corpo tamén é auga.

Este proxecto está dirixido ós nenos e nenas de 2-3 anos

O obxectivo que pretendemos é que aprendan experimentando e xogando conceptos e procedementos básicos relacionado coa auga como fonte de vida.

O material principal que imos utilizar é, por suposto, a auga.

  • A auga en diferentes estados, líquido, sólido e gaseoso. 
  • Aceite.
  • Fariña
  • Sal
  • Azucre
  • Fotografías que anexo
  • Vasos de diferentes cores
  • Vasos transparentes
  • cunca
  • Prato sopeiro

 

A temporalización será de varios momentos ó longo de varios días. Pódese levar a cabo unha actividade ó día. É os días non teñen porque ser seguidos, poden ser alternos. As actividades tampouco teñen porqué ser seguidas, nin nunha orde. Pódese aproveitar, por exemplo, o día que imos á praia para probar a auga do mar, ou se vai moita calor poñer un xeo ó sol para ver como se transforma en líquido, ou podemos tamén aproveitar o tempo da ducha para experimentar (dibuxando no espello co vapor de auga)…

Intentaremos ir do máis próximo, o que xa coñecen, ó máis lonxe, o que van aprender (ou iso pretendemos)

Actividades:

  • Sabor da auga.
    • Bebemos un vaso de auga da billa, como sabe (vaso azul)
    • Botamos un pouco de sal no vaso de auga, e agora como sabe? (vaso amarelo)
    • Botamos un pouco de azucre, é agora?, é diferente? (vaso vermello)

 

  • Os estados da auga.
    • Comezamos coa auga en estado líquida como sae da billa, molla, bebemos, a botamos nunha cunca, cabe toda?
    • Collemos do conxelador uns cubiños de xeo, e os poñemos nun prato sopeiro e nunha fonte de calor. Pode ser o sol, as nosas mans, un cazo quente… observamos. Que pasa? Deixamos que collan o xeo, que o chupe, que o sinta…
    • No baño, podemos aproveitar a ducha, o espello que se empaña co vapor de auga. Podemos debuxar nel…que pasa cando o tocamos? Convértese en líquido? Que é ese líquido?
    •  

    

               

 

  • As mezclas homoxéneas e heteroxéneas: deixamos que eles e elas fagan as mezclas, nós diriximos e axudamos cando eles e elas o pidan.
    • Mezclamos nun vaso transparente auga e sal, revolvemos
    • Outro vaso con fariña, tamén revolvemos.
    • Noutro area revolvemos tamén.
    • E o aceite e tamén revolvemos.
      • Observamos os catro vasos (os catro transparentes), deixamos que os toquen, que beban, facémoslles preguntas. Están iguais?, que pasou?, onde está o sal? Marchou

  • O ciclo da auga. Esta actividade débese facer no exterior, tamén podémola facer utilizando fotos, pero o ideal é no exterior. Na explicacion podemos apoiarnos nos conceptos adquiridos na actividade “os estados da auga”
    • Saímos para mirar o ceo, buscamos unha nube. Hai moitas? Ou poucas? Cando hai máis nubes cando chove ou cando vai sol? (podemos sacar unha foto do ceo con sol e outra con choiva para comparalas)
    • Imos facer unha nube, cun cazo con auga o quentamos ata que evapora a auga. (faralo un adulto, o neno ou nena observan).

         

  • Onde está a auga? Rios, mar, lagos e presas.
    • Estamos na praia, temos auga do mar, como sabe. Sabe como a auga do vaso amarelo?
    • Podemos tamén probar a auga do río Anllóns. Sabe como a auga do vaso azul? Sabe como a auga que chega á nosa casa a través da billa?

                                   

 

  • O papel do adulto. 
        • En primero lugar sempre ter un entorno seguro, materiais seguros. 
        • Permitir e animar a que fagan eles, darlles tempo de pensar, actuar, falar.
        • Procurar un ambiente relaxado, sen presas, sen extrés. 
        • Ofrecer o material adecuado.
        • Deixar que o neno ou nena recolla.
        • Preguntar se necesita axuda, e axudarlle.
        • Facer análise da actividade. Ó mellor non é o día para facela, non lle interesa, prefire facer outra cousa. Nestes casos non se fai, xa haberá días para facela que estea máis receptivo.

 

Viaxamos en tren

Caixas de froitas baleiras, material de refugallo que se emprega para desenvolver a creatividade das crianzas, aproveitando os recursos que temos dispoñibles grazas á vosa colaboración.

Con elas fixeron un tren en poucos minutos, todos querían ir nel e tamén todos querían conducilo. Pouco a pouco subiron e baixaron en diferentes estacións.

Unha fermosa viaxe, unha morea de aprendizaxes!

Os Polviños experimentan coa xelatina

Xogando coa xelatina experimentamos cos sentidos, que son a principal fonte de aprendizaxe para nós.

Manipulamos a xelatina, primeiro con reticencia…

Logo  de familiarizarnos coas sensacións táctiles que  nos producía: estaba fría, pegábase ás mans, mesmo nos atrevemos a probala!

Cada un de nós experimentou ao seu ritmo, e uns e outros aprendemos xuntos a compartir o espazo e respectar aos outros.