Este mércores aproveitando, que os bombeiros, protección civil e o grumir tiñan un curso pedimoslles que nos visitasen na escola.
Déronnos unha charla moi interesante sobre a extinción de incendios, o traballo dos bombeiros e como teñen que ir preparados.
Todos os nenos da escola participaron na actividades, algún asustouse un pouco cando lles prestaron os cascos para probalos. Todos estiveron moi atentos aínda que un pouco tímidos porque non se atreveron a contestar as preguntas.
O máis emocionante foi cando nos regalaron un casco para cada un e uns libros dos bombeiros para que as profes nos conten, moitas grazas.
Logo os nenos de das aula 1-2 e 2-3 foron a ver o camión dos bombeiros, estiveron atentos as explicacións e como xa perderan a timidez esta vez si contestaron as preguntas. Escoitaron o ruido das sireas, viron as luces e manipularon a mangueira.