“dez meses: dez experiencias”

 DEZ MESES… DEZ EXPERIENZAS           

Para poder planificar cada  unha destas dez  experienzas,  partiuse  do coñecemento da crianza. Foron todas elas  pensadas por, e para o seu desenvolvemento…..

 

Buscando a creatividade, a toma de decisións e a autonomía.

 

Convivindo directamente co medio natural e social que nos rodea, a través da exploración e aproveito dos recursos do contorno.O contacto directo co medio constituiu  unha valiosa fonte de información, potencialmente significativa para eles/elas  pola cantidade de experiencias que lle proporciona.

 

Aprendendo a desevolverse  a través da acción e a participación.

 

Adquirindo  non só contidos conceptuais, senón tamén procedimentais e actitudinais: a cooperación, a capacidade de compartir, a capacidade de relacionarse cos outros… para unha medra e enriquecemento  mutuos.

 

Dándolles oportunidades de manipulación e experimentación, a través dos cales, fomentamos o desenvolvemento do pensamento, da linguaxe, do  coñecemento  de nós mesmos, da autonomía….. 

 

Queremos dar o noso agradecemento a todos/as os/as que colaboraron neste proceso conxunto de medra: as compañeiras (profes dos vosos nenos e nenas), e vós, as familias. Unha especial mención ás que co seu esforzo fixeron posible esta presentación: Dolores Fernández Cobas (nai de Roi), Loli Alvedro e Ángeles Pillado (compañeiras do equipo).

Olla esta páxina

proxecto: os contos da pardeluca

educar é un labor conxunto, polo que os proxectos na galescola e na casa son elemento indispensable do día a día; o obxectivo: crear novas pontes, compartir novas experiencias, sentir que todos e todas somos importantes na aprendizaxe dos pequenos e pequenas. Nesta busca xorden ideas como a que vos presentamos a continuación, ás que lles poñemos un nome, e que tamén, coma nós, teñen un nacemento, unha medra,… aliméntanse…

Así nace: a pardeluca,… da que poderedes disfrutar as crianzas e as familias desde casa. ¿animádesvos a entrar? faino a través da nosa páxina os contos da pardeluca e cóntanos que tal!!

atendendo ás vosas suxestións imos alimentar como é debido o noso blogue…;poñemos á vosa disposición unha nova páxina na que atoparedes os menús.
Comezamos con novembro-decembro…bo proveito!!

¡Ola Amigas e Amigos!

 

 

     Abrides hoxe, para nós, unha nova porta, na que damos os nosos primeiros pasos, abraiadas,  deste inmenso mundo que é a rede; rede para explorar, para compartir, para crear, para aprender e para desfrutar.

     Como todo no que nos iniciamos.. un desexo:

xuntar o noso esforzo ao voso para facer do que facemos un obxectivo común

     Como todo no que nos iniciamos… un agradecemento: 

estar aquí convosco facendo do que facemos unha oportunidade única

 

grazas