“O camiño é unha metáfora da vida,
un lugar de encontro,
de encrucillada,
unha vía de ida e volta…”
Camiñante, SÍ hai CAMIÑO…. o estamos facendo ao andar. Hai moitos camiños nun mesmo camiño.
Vinde a descubrilo connosco.
“O camiño é unha metáfora da vida,
un lugar de encontro,
de encrucillada,
unha vía de ida e volta…”
Camiñante, SÍ hai CAMIÑO…. o estamos facendo ao andar. Hai moitos camiños nun mesmo camiño.
Vinde a descubrilo connosco.
O pasado venres, celebramos a “Primera Xornada en Festa coas Familias”. As castañas e as cabazas, o Magosto e o Samaín, nos ofreceron moitas posibilidades para facer, para aprender, para coñecer, para experimentar, para degustar, e dende logo, moitas posibilidades para desfrutar e compartir.
Esperamos que o video sexa reflexo do que vivimos ese día. Grazas familias pola vosa participación, impricación e colaboración.
O plan do Centro e o Proxecto pedagóxico da nosa Escola Infantil, ten entre outras fundamentacións a participación familiar, e a presencia das familias na escola. O desenvolvemento do labor educativo é responsabilidade de todos/as: familias, educadores/as,….
A escola necesita da vosa colaboración, da vosa impricación e da vosa participación. A crianza necesita de vós, pero nós, tamén vos necesitamos.
É importante que a crianza sinta que a escola é un punto de encontro, que non hai rupturas, senón colaboración. A participación das familias é un medio para aproximar a cultura escolar á cultura familiar.
Esta ponte de colaboración familia-escola é un sinal inequívoca de que existe unha liña común de actuación e polo tanto, a coherencia precisa para acadar logros dende unha perspectiva de confianza e seguridade, que sin dúbida beneficiará ás crianzas. A colaboración que se estableza, debe tender a converter estes dous escenarios en comunidades de práctica compartida.
É importante que a crianza sinta a súa familia na escola.
Para iso, temos que ofrecerlles a posibilidade de que se animen a integrarse na súa vida e a vivila connosco.
Que as familias, medren conosco e coas crianzas, e nós medremos tamén con elas.
Olla esta páxina
educar é un labor conxunto, polo que os proxectos na galescola e na casa son elemento indispensable do día a día; o obxectivo: crear novas pontes, compartir novas experiencias, sentir que todos e todas somos importantes na aprendizaxe dos pequenos e pequenas. Nesta busca xorden ideas como a que vos presentamos a continuación, ás que lles poñemos un nome, e que tamén, coma nós, teñen un nacemento, unha medra,… aliméntanse…
Así nace: a pardeluca,… da que poderedes disfrutar as crianzas e as familias desde casa. ¿animádesvos a entrar? faino a través da nosa páxina os contos da pardeluca e cóntanos que tal!!
Alegrámonos de que paroladas e ruxerruxes, un proxecto en familia, bote a andar coas primeiras paroladas que vós, pais e nais, nos contades. Animádevos a seguir construíndo algo que facemos entre todos.
Comezamos hoxe un proxecto en familia no que vos animamos, papás e mamás, a participar, axudándonos a coñecer un pouco mellor aos máis pequenos e pequenas da casa.
Grazas, coma sempre pola vosa constante colaboración.
Se estás interesado ou interesada diríxete á nosa páxina de Paroladas.