Arquivos do autor: pardela

PERIODO DE INICIACION

Unha iniciación para todos e todas. Todas e todos, podemos axudar… Adaptámonos á Pardela…..

A entrada dos nenos e nenas na escola é un paso moi importante no seu desenvolvemento. Por vez primeira, van saír do seu núcleo familiar para entrar noutro novo mundo, onde descubrirán espazos, persoas, amigos e actividades novas. Coa entrada na escola están a dar un paso de xigante no seu proceso de socialización e maduración.

O periodo de iniciación é un proceso que ten uns protagonistas fundamentais ….AS CRIANZAS, que son as que deben supera-los cambios que acontecen, as que teñen que ir conquistando o novo ambiente, as que van ir incorporando esta experiencia á súa medra vital. Pero non debemos esquecer que todos e todas temos un importante papel….. Descubrídeo connosco…..

Olla esta páxina

“A escola de todas as crianzas… a escola para todas as crianzas?”

Hoxe, como diría Loris Malaguzzi, imos salir a pescar, a pescar peixes para tiralos de novo ao mar….Imos recoller ideas, que nos fagan reflexionar. Reflexionar non é só pensar, senón que reflexionando chegaremos a sistematizar o noso pensamento modificando en moitas ocasións, a nosa propia forma de ser, a nosa propia forma de actuar.

Lembrade que o día dous de Abril conmemoramos o día internacional do autismo.

Nesta ocasión, e a través dunha fábula, tentamos analizar se a escola de todos, é unha escola para todos e para todas as crianzas ….

Tentamos con esta presentación recoller novas pezas para seguir compoñendo, (despois de seguro ter interpretado cada peza, moitas veces…) o noso puzle persoal …. Puzle que nunca será rematado, xa que sempre estaremos, aprendendo un pouco máis, xa que da propia reflexión, e versionando o que dí Sócrates: “só sei, que pouco sei”…

Quizás unha das pezas, entre outras, que agora teño entre mans, é a que dí que a crianza é un ser con grandes potencialidades, ás que a escola debe dar o contexto e a relación axeitada para o seu desenvolvemento…

¿qué di a peza que tedes agora nas vosas mans?
Animádeos a compartilo connosco.

Olla esta páxina

“1ª Xornada en Festa coas Familias”

O pasado venres, celebramos a “Primera Xornada en Festa coas Familias”. As castañas e as cabazas,  o Magosto e o Samaín, nos ofreceron moitas posibilidades para facer, para aprender,  para coñecer, para  experimentar, para degustar, e dende logo, moitas posibilidades para desfrutar e compartir.

Esperamos que o video sexa reflexo do que vivimos ese día. Grazas familias pola vosa participación, impricación e  colaboración.

FESTA DO MAGOSTO E SAMAIN

Obradoiros Pardoleiros

Ola a tod@s!! Este verán, coma sempre, reunímonos na Pardela un grupo de nen@s de 3-6 anos, para vivenciar moitas experiencias e acomodar algunhas actitudes cara a adquisición de valores moi básicos coma o respeto, a solidaridade e a amizade.

As experiencias vividas por estos nen@s agrúpanse en catro obradoiros: Ciencias, Arte, Gastronomía e Teatro. Cada semana adicamos o tempo a realizar actividades relacionadas con estes grandes temas, pero sempre, inclinándonos polo coidado da Natureza e do contorno, coñecendo os difentes tipos de arte (musical, escultura, arquitectura e pintura), comidas típicas de Galicia e postres maís comúns, e tamén iniciándonos no mundo da representación a través dunha obra que dramatizamos para os máis pequenos.

Todo isto, sempre orientado cara a consecución de valores, que nos axuden no noso proceso de socialización: o respeto, a solidaridade, a amizade, a tolerancia, …etc.

Grazas á colaboración das profesionais da Pardela, este video puido realizarse, e con moito cariño adicámosllo a tod@s que estén interesados en ver un pouquiño do que ocorreu este verán na Escola Infantil da Pardela de Oleiros.

Olla esta páxina

A impricación das familias, imaxes da nosa medra en común.

O plan do Centro e o Proxecto pedagóxico da nosa Escola Infantil, ten entre outras fundamentacións a participación familiar, e a presencia das familias na escola. O desenvolvemento do labor educativo é responsabilidade de todos/as: familias, educadores/as,….

A escola necesita da vosa colaboración, da vosa impricación e da vosa participación. A crianza necesita de vós, pero nós, tamén vos necesitamos.

É importante que a crianza sinta que a escola é un punto de encontro, que non hai rupturas, senón colaboración. A participación das familias é un medio para aproximar a cultura escolar á cultura familiar.

Esta ponte de colaboración familia-escola é un sinal inequívoca de que existe unha liña común de actuación e polo tanto, a coherencia precisa para acadar logros dende unha perspectiva de confianza e seguridade, que sin dúbida beneficiará ás crianzas. A colaboración que se estableza, debe tender a converter estes dous escenarios en comunidades de práctica compartida.

É importante que a crianza sinta a súa familia na escola.

Para iso, temos que ofrecerlles a posibilidade de que se animen a integrarse na súa vida e a vivila connosco.

Que as familias, medren conosco e coas crianzas, e nós medremos tamén con elas.

Olla esta páxina