“A escola de todas as crianzas… a escola para todas as crianzas?”

Hoxe, como diría Loris Malaguzzi, imos salir a pescar, a pescar peixes para tiralos de novo ao mar….Imos recoller ideas, que nos fagan reflexionar. Reflexionar non é só pensar, senón que reflexionando chegaremos a sistematizar o noso pensamento modificando en moitas ocasións, a nosa propia forma de ser, a nosa propia forma de actuar.

Lembrade que o día dous de Abril conmemoramos o día internacional do autismo.

Nesta ocasión, e a través dunha fábula, tentamos analizar se a escola de todos, é unha escola para todos e para todas as crianzas ….

Tentamos con esta presentación recoller novas pezas para seguir compoñendo, (despois de seguro ter interpretado cada peza, moitas veces…) o noso puzle persoal …. Puzle que nunca será rematado, xa que sempre estaremos, aprendendo un pouco máis, xa que da propia reflexión, e versionando o que dí Sócrates: “só sei, que pouco sei”…

Quizás unha das pezas, entre outras, que agora teño entre mans, é a que dí que a crianza é un ser con grandes potencialidades, ás que a escola debe dar o contexto e a relación axeitada para o seu desenvolvemento…

¿qué di a peza que tedes agora nas vosas mans?
Animádeos a compartilo connosco.

Olla esta páxina

8 reflexións sobre ““A escola de todas as crianzas… a escola para todas as crianzas?”

  1. anonimo

    siempre pensamos que trabajamos muchas horas,pero nos harían falta el doble para poder hacer y reLIZAR TODOS LOS PROYECTOS,que nos gustaría.Nos vemos demasiado atadas a los objetivos programados,a la programación mes a mes, y muchas otras cosas y como siempre nos vamos olvidando de lo más enriquecedor ,las cosas más sencillas,son las que más llenan.
    Personalmente,me gustaría poder formar parte de tu cuento,teniendo las mismas ideas que el perrito,cuantas veces me gustaría pasar el día rodeada de los nin@s,hablar y hablar de las cosas cotidianas,escuchar,,observar,jugar más individualmente con todos ellos,pero,como ya he dicho queda todo el OTRO trabajo por hacer.

    Seguro que poniendo un poquito por parte de todos haríamos que cada pieza aportada encajara en este maravilloso puzzle.

    Espero poder seguir viendo y leyendo tus aportaciones a la red,para no olvidar que hay mucho por hacer,que que hay que seguir trabajando en ello.
    Gracias.

    Responder
  2. pardela

    Como dicía na anotación, reflexionar, nos leva en moitas ocasións a modificar a nosa forma de pensar, a nosa forma de actuar.

    Non debemos andar polo camiño trazado, xa que nos conduce inevitablemente cara onde xa fomos.

    A clave pode estar en saber priorizar, en definir as cuestións que son básicas. Preguntarnos como ti fixeches na anotación, se lles estamos a dar as ferramentas que necesitan para vivir.

    Cando planificamos excesivamente, non lles damos a capacidade de organizarse para realizar as actividades que queiran, ou necesiten facer de forma natural.

    Noutro comentario anterior, no que reflexionábamos sobre os tempos das crianzas, dicíamos que en moitas ocasión nos limitamos a seguir unha programación pechada. Se o facemos así, os protagonistas deixan de ser as crianzas, converténdose en actores guionizados, non en suxeitos activos da súa aprendizaxe.
    As crianzas teñen moito que dicir, teñen moito que achegar, enriquecen moitísimo o guión, enriquécennos.

    Construamos con eles e elas, coas familias, proxectos, proxectos que os acompañen no seu desenvolvemento…. pero para iso, temos que ser conscientes das súas capacidades, e da súa forma de pensar.

    Cando nacemos, cando nacen, somos, son, unha totalidade, e todos os seus sentidos esfórzanse por relacionarse co mundo coa finalidade de entendelo, pero enseguida atopáse como cortados a trociños, porque lles plantexamos situacións descontextualizadas que provovan pensamentos tamén fragmentados.

    Nós, debemos ser recursos de aprendizaxe, xa que preguntamos e promovemos situacións para o descubrimento e experiencias, somos experimentadores/as que axudamos a aprender de, e cos outros/as…..

    Por iso, o curriculum debe emerxer, debe xurdir, das necesidades das crianzas.

    Tentemos achegar a escola a cada un, a cada unha, priorizando, ensinándoas ao ritmo que eles e elas nos marcan

    Se estamos implicados no que queremos cambiar, como non vai ser posible facelo?

    Como dicíamos ao principio da anotación, para qué repetir o mesmo camiño… habendo tantos novos camiños por descobrir?.

    Moitas grazas polo comentario

    Sobre o que ti nos comentas, lanzo outra peza para o puzle, para a reflexión… Estamos acompañando, preparando ás crianzas para a vida….. ao marxen da propia vida?

    Responder
  3. unha compañeira da rede

    totalmente de acordo coas vosas achegas e comentarios; para chegar a estas reflexións fai falta experiencia e formación, como intuio que vós tedes, moitos anos de experiencia. Non é doado chegar a donde vós estades. Eu persoalmente e mirando cara atras na miña carreira vexo que sufrín un evolución que me levou tempo, e estudio; e tamén vexo que as compañeiras e compañeiros que están empezando no 0-3 case están como cando eu saín da carreira hai 16 anos, porque a formación que recibimos non está dirixida cara esa escola infantil de 0-3 na que o importante é o neno e a nena e non as fermosas actividades que programamos. que estamos a anos luz de Módena, Turín ou Reggio Emilia; que moitas compañeiras e compañeiros da rede non saben de que estamos falando. por todo isto precisamos formación, formación e formación…
    un saúdo e grazas…

    Responder
  4. pardela

    Somos cos nenos e nenas compañeiros/as de aprendizaxe, que razón tés.
    Pero escoitar o que eles nos din, a súa práctica convértese en se mesma na mellor forma, na mellor fonte de reflexión, unha importantísima ferramenta de formación para todos/as nós.

    Falas de formación pero tamén é fundamental a observación. Observar non é só mirar. Cando observamos ás crianzas, modificamos, o deberíamos modificar a nosa forma de ver, a nosa forma de ser, estamos a formarnos cada día.

    As fontes de coñecemento son mútiples, o proceso de aprendizaxe non é lineal, nin está limitado á escola, a universidade. A realidade ten moitos puntos estratéxicos, e as cousas, os coñecementos, só teñen sentido se se relacionan entre elas, se os facemos nosos, se nos cuestionamos o que facemos, se estamos dispostos a aprender.

    O fácil é seguir facendo o que facemos cada día, pensar que xa sabemos todo, o dificil pero ilusionante, é pensar que cada día é un novo reto para nós….

    Quizá deberíamos analizar, a predisposición que temos para obrar, para percibir, para pensar, para sentir, para analizar que capacidade temos, que vontade temos….. estou a falar de actitudes, non de aptitudes.

    Grazas polo teu comentario, por compartir connosco, compartindo tamén nos seguimos a formar.

    Grazas!

    Responder
  5. Nuria

    Dacordo con moitas das opinións sinaladas, sobre todo co 4º párrafo de 2º comentario [sic] “Cando planificamos excesivamente, non lles damos a capacidade de organizarse para realizar as actividades que queiran, ou necesiten facer de forma natural.”

    Ben está que debatamos puntos de vista, pois é o único modo de observar as carencias que de feito ten a escola programada hoxe en día. As persoas que formamos parte da organización das escolas somos as que, ollando con atención o que pasa ao noso redor, podemos cambiar as cousas.

    Saúdos

    Responder
  6. pardela

    Que razón tes Nuria, unha escola para todos e todas, só será posible, se sabemos cortar amarras dese barco que as veces asemella encallado, onde as crianzas acoden para aprender os contidos, e non para convivir, nin para aprender unhas das outras, unhas coas outras.

    A escola, debe converterse nun lugar onde as crianzas descubren xuntas, en que consiste o coñecemento, en que consiste a cultura, en que consiste a vida.

    Que os diferentes camarotes, que as diferentes aulas, sexan comunidades de aprendizaxe, de descubrimiento, e de indagación.

    Que se convirtan en ambientes de aprendizaxe compartida, e de descubrimiento, onde tamén as persoas “excepcionais”,“diversamente hábiles”, “con necesidades educativas específicas”, adquiran a cultura, conxuntamente cos demáis, a pesar das súas condicións cognitivas e culturais, evitando, que no mesmo aula coexistan dous modelos de educación, dous cadernos de bitácora, un para as persoas “excepcionais”, e outro para as restantes, as “normais”….

    Cando tomemos conciencia do noso papel como facilitadores das aprendizaxes, “intermediadores”, ti nos chamas na túa anotación, que tentamos, e nos esforzamos en darlle resposta ás necesidades que presentan as “persoas excepcionais”, e ao facelo damos resposta a todas as crianzas…. Será entón, cando podamos falar de comunidades de aprendizaxe.

    O proceso de aprendizaxe, é unha actividade cooperativa e solidaria. Se facemos “esta escola realidade”, as crianzas aprenderán, que cada un dos seus compañeiros/as, aprenden de maneira distinta, e cada un, cada unha, ten o su ritmo e modo particular de pensar, de sentir, de facer, de comunicarse…..

    Cada persoa, cada crianza é competente para aprender… SEMPRE.

    Elaboremos curriculums inclusivos, comprensivos, e transformadores.

    Que por fin, fagamos que as crianzas, todas as crianzas, sexan as verdadeiras protagonistas da súa acción -como moi ben dis, Nuria, na anotación do teu blogue:Un chisco para a rebeldía: “para quen programamos”?.

    Empecemos a “cortar amarras”. Esperemos, que un día viaxen no mesmo barco….. o que “dicimos e o que facemos”.

    Unha ernorme aperta, encántame poder atoparte cada vez que inicio unha nova travesía….

    Responder
  7. Raquel

    Grazas compañeira por abordar este tema e facernos reflexionar sobre él, sobre o que estamos a facer coas crianzas.Pero polo que percibo queres ir máis alá da reflexión, queres, pretendes o CAMBIO; e penso que si é posible, TODO É POSIBLE. Olvidarnos da programación, e de querer facer o que fan no segundo ciclo(3-6, que tamén se podería cuestionar); é cuestión de valorar como dís ,a potencialidade dos sentidos das crianzas, a diversidade, o deixarlles facer sen estar a dirixilos todo o tempo, de darlles tempo a vivir os sentidos, a respirar (vivir, xogar)con tempo (sen presas).TODOS/AS,porque cada neno/a é distinto, individual e temos, debemos dende a escola decatarnos diso.
    Grazas de novo.

    Responder
  8. pardela

    Diciámolo ao comezo da anotación, se reflexionamos, chegaremos a modificar en moitas ocasións a nosa forma de pensar, a nosa maneira de actuar.
    Cando respondiamos a outro comentario, diciamos que observando ás crianzas, non só mirándoas, modificariamos a nosa forma de ver, a nosa forma de ser….

    Malaguzzi, dicía que traballar coas crianzas, implica facer cousas con poucas certezas e moitas incertezas. Se as certezas son poucas, como non imos estar dispostos a modificar, a cambiar?

    Nós mesmos/as debemos ser o cambio que desexamos ver. Cambiamos na nosa interación coas crianzas, cambiamos na nosa interacción coas familias, cando interactuamos co ambiente, cando interactuamos cós obxectos…

    A escola é un lugar de vidas e de relacións compartidas, un sistema que funciona sobre a base de delicados equilibrios entre todos os elementos interrelacionados…… Funciona se ten capacidade de modificación, toda adaptación, toda relación, implica cambio permanente.

    A escola infantil debe promover a reflexión, a comprensión, o coñecemento…… e que é todo isto? CAMBIO.

    Como o ti nos comentas, Raquel “hai quen cruza o bosque e non ve a leña para o lume”… hai quen non chega a ver as potencialidades dos sentidos das crianzas, hai quen non ve a diversidade, hai quen non se chega a cuestionar que as crianzas teñen os seus tempos, que non ven que cada árbore, que cada crianza é diferente…..

    Hai quen só chega a valorar o que ven despois, o que chegarán a facer cando cheguen ao segundo ciclo … e para iso, e por iso, na escola infantil témolos que preparar para…. o “non cambio”….?

    Que razón ten J Antonio Luengo cando afirma…. “esta etapa educativa na que traballamos, é unha etapa autosuficiente, non é preparatoria para nada, senón que é resposta a algo e importante…..as NECESIDADES presentes dos nenos e nenas”.

    O maior erro de todos os erros é non facer nada, porque pouco podemos facer. As cousas non cambian, cambiamos nós!

    Grazas Raquel, compañeira, polo teu comentario.

    Responder

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *