9 reflexións sobre “O noso primeiro outono

  1. equipo educativo

    Detrás de todo vídeo debe haber un traballo planificado, un traballo compartido, un traballo desfrutado…Un traballo que imprique a actividade e a participación das crianzas, un traballo no que a nosa intervención xurde a partires da actividade que os nenos e as nenas están a realizar, que están a observar…Un traballo que baséase no xogo, na acción, na experimentación, na expresión, en conexión co contorno……
    Por todo isto encántanos. Felicidades Raquel e Isabel!

    Responder
  2. Peque

    Noraboa ao equipo educativo da Pardela, pola vosa laboura.
    Sei do traballo que facedes polo meu sobriño Quique, alumno voso, e como mestra de infantil quero felicitarvos. Nas fotos amósase o que hai detrás.
    Parabéns!

    Responder
  3. Ana e Miguel

    Como pais sentímonos afortunados de que as nosas fillas formen parte dun proxecto educativo tan maravilloso como o que estades a facer día a día. O certo é que desde o primeiro momento a nosa familia considerou a Pardela como a nosa casa e por iso cando chegue o momento de decirvos “adeus” lembraremos aqueles versos de Rosalía cando decía:
    “Hoxe, desque durman,
    sairei polo ventanil,
    daránme as sombras alento,
    adeus casa onde nascín”.
    Moitas gracias.

    Responder
  4. As titoras Raquel e Isabel

    Grazas a todas e todos polos vosos comentarios.
    Alegranos que vos gustase.
    Lembrade felicitar as vosas crianzas; elas son as verdadeiras protagonistas, que fan que todo isto sexa posible. Un saúdo

    Responder
  5. Rosa

    Gustoume moito o video eu son unha educadora, que me identifico moito con vos, eu na niña aula de bebes tamen xogamos con follas, castañas noces, granadas, e cabazas de diferentes formas, tamaños e cores.

    Fillemos a nosa primeira obra de arte e pintamos de pintura de dedos verde un racimo de uvas, e logo fixemos unha arbore e o redor da arbore estampamos a huella da man de cada Neno/a con pintura de dedos no mural, as cales paraecian na arbore follas do outono.

    Seguide asi e que nadie os diga que os bebes non poden facer actividades, pois eu no nadal como xa medramos un pouco fixen moitas mais actividades cos cativos/as

    Responder
  6. equipo educativo

    Rosa, encántanos poder compartir con outras escolas, con outras educadoras e educadores, coas familias a “VIDA NA ESCOLA”… Estamos a aprender moitísmo, co que estades a facer noutras escolas, do que estades a facer noutras escolas, outros/outras profesionais.

    Sigamos tecendo a rede!

    Responder
  7. unha titora

    Grazas Rosa polo teu comentario, eu tamén penso que os bebés poden facer moitas cousas; sigamos valorándoos como se merecen prestándolles a atención que requiren,falándolles e permitíndolles facer e expresarse.

    Responder

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *