Obradoiros Pardoleiros

Ola a tod@s!! Este verán, coma sempre, reunímonos na Pardela un grupo de nen@s de 3-6 anos, para vivenciar moitas experiencias e acomodar algunhas actitudes cara a adquisición de valores moi básicos coma o respeto, a solidaridade e a amizade.

As experiencias vividas por estos nen@s agrúpanse en catro obradoiros: Ciencias, Arte, Gastronomía e Teatro. Cada semana adicamos o tempo a realizar actividades relacionadas con estes grandes temas, pero sempre, inclinándonos polo coidado da Natureza e do contorno, coñecendo os difentes tipos de arte (musical, escultura, arquitectura e pintura), comidas típicas de Galicia e postres maís comúns, e tamén iniciándonos no mundo da representación a través dunha obra que dramatizamos para os máis pequenos.

Todo isto, sempre orientado cara a consecución de valores, que nos axuden no noso proceso de socialización: o respeto, a solidaridade, a amizade, a tolerancia, …etc.

Grazas á colaboración das profesionais da Pardela, este video puido realizarse, e con moito cariño adicámosllo a tod@s que estén interesados en ver un pouquiño do que ocorreu este verán na Escola Infantil da Pardela de Oleiros.

Olla esta páxina

3 reflexións sobre “Obradoiros Pardoleiros

  1. Equipo Educativo

    Grazas Sandra (profe dos obradoiros de 3-6 do verán) pola túa presentación na que reflexas o excelente ambiente que acadáchedes coas crianzas.

    Lembra que, tamén vós, Patricia máis ti, (parella educativa de 3-6 anos) formaredes parte do noso recordo deste verán.

    Responder
  2. Ana (nai de Lucía Martínez)

    Grazas a todo o persoal da Pardela, polo trato que nos destes aos pais e aos fillos durante os anos na escola, e de novo este ano nos obradoiros de verán. Grazas polas vosas atencións, pola vosa naturalidade, polo voso cariño, pola vosa paciencia, e pola tranquilidade e seguridade coa que deixamos aos nosos fillos convosco. A ver se con un pouquiño de sorte conseguimos vernos o verán que ven noutros obradoiros.

    Responder
  3. Angeles (mamá de David)

    Una vez más gracias por dar tanto cariño a mi hijo, que como siempre os digo se vuelve más personita con vosotras, y hacer más fácil la conciliación laboral!!! David ya está deseando volver con vosotras el próximo año, y ya sabéis que Lucía os echa mucho de menos. Besotes

    Responder

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *