O plan do Centro e o Proxecto pedagóxico da nosa Escola Infantil, ten entre outras fundamentacións a participación familiar, e a presencia das familias na escola. O desenvolvemento do labor educativo é responsabilidade de todos/as: familias, educadores/as,….
A escola necesita da vosa colaboración, da vosa impricación e da vosa participación. A crianza necesita de vós, pero nós, tamén vos necesitamos.
É importante que a crianza sinta que a escola é un punto de encontro, que non hai rupturas, senón colaboración. A participación das familias é un medio para aproximar a cultura escolar á cultura familiar.
Esta ponte de colaboración familia-escola é un sinal inequívoca de que existe unha liña común de actuación e polo tanto, a coherencia precisa para acadar logros dende unha perspectiva de confianza e seguridade, que sin dúbida beneficiará ás crianzas. A colaboración que se estableza, debe tender a converter estes dous escenarios en comunidades de práctica compartida.
É importante que a crianza sinta a súa familia na escola.
Para iso, temos que ofrecerlles a posibilidade de que se animen a integrarse na súa vida e a vivila connosco.
Que as familias, medren conosco e coas crianzas, e nós medremos tamén con elas.
Olla esta páxina
Levarase ben a Galiña Azul coa Pardela? 😉
Despois de ver o vídeo só dicir que grazas a vós polo voso impagábel traballo.
É un video precioso e reflexa a importancia da colaboración entre a escola e a familia. Moito ánimo a tod@s!! Por certo, é unha canción moi bonita, non vos parece!! 😉 Bikos