DEZ MESES… DEZ EXPERIENZAS
Para poder planificar cada unha destas dez experienzas, partiuse do coñecemento da crianza. Foron todas elas pensadas por, e para o seu desenvolvemento…..
Buscando a creatividade, a toma de decisións e a autonomía.
Convivindo directamente co medio natural e social que nos rodea, a través da exploración e aproveito dos recursos do contorno.O contacto directo co medio constituiu unha valiosa fonte de información, potencialmente significativa para eles/elas pola cantidade de experiencias que lle proporciona.
Aprendendo a desevolverse a través da acción e a participación.
Adquirindo non só contidos conceptuais, senón tamén procedimentais e actitudinais: a cooperación, a capacidade de compartir, a capacidade de relacionarse cos outros… para unha medra e enriquecemento mutuos.
Dándolles oportunidades de manipulación e experimentación, a través dos cales, fomentamos o desenvolvemento do pensamento, da linguaxe, do coñecemento de nós mesmos, da autonomía…..
Queremos dar o noso agradecemento a todos/as os/as que colaboraron neste proceso conxunto de medra: as compañeiras (profes dos vosos nenos e nenas), e vós, as familias. Unha especial mención ás que co seu esforzo fixeron posible esta presentación: Dolores Fernández Cobas (nai de Roi), Loli Alvedro e Ángeles Pillado (compañeiras do equipo).
Olla esta páxina