Abrides hoxe, para nós, unha nova porta, na que damos os nosos primeiros pasos, abraiadas, deste inmenso mundo que é a rede; rede para explorar, para compartir, para crear, para aprender e para desfrutar.
Como todo no que nos iniciamos.. un desexo:
“xuntar o noso esforzo ao voso para facer do que facemos un obxectivo común“
Como todo no que nos iniciamos… un agradecemento:
“estar aquí convosco facendo do que facemos unha oportunidade única“
grazas
Ola!
Parabéns pola vosa primeira anotación!
Esperamos en breve poder ver, a través desta ventá que abrides ao mundo, un pouquiño do día a día na vosa escola.
Desexámosvos a todo o equipo educativo do centro o mellor nesta nova experiencia.
Saúde,
grazas a vos por abrirnos unha ventana ó mundo dos rapaces…
Bicos.
Grazas por compartir estes momentos e experiencias con todos. E sobre todo, polo voso traballo diario con tantísimo agarimo. Estamos encantados de ser parte da “familia pardelá”.
Grazas a vos polo esforzo cotián de educar aos nosos fillos e fillas. Ogallá esta sexa unha voa canle de comunicación. Unha aperta