O pasado 7 de xullo festexamos o segundo aniversario de Carmen. Fixemos unha gran festa con globos, música, xogamos no patio… Pasámolo xenial!!
Arquivos da etiqueta: Engadir nova etiqueta
EXPERIMENTAMOS CON CAFÉ E TE
Coa chegada da primavera podemos percibir unha morea de cheiros no noso entorno. Días atrás @s pequech@s da escola estivemos xogando coas flores e con diferentes herbas aromáticas. A partir disto ocorréusenos facer unha colonia, que cheiraba a eucalipto que era unha marabilla… e tamén decidimos tinguir teas con te e café.
Primeiro observamos como cambia a color da auga se lle votamos te, comparámolo coa cor do café e por suposto probamos as dúas bebidas!! Despois de todo isto pasámolo pipa tinguindo as teas,…
Ao día seguinte contamos coa colaboración da mamá de Yurena e Itahisa e fixemos unhas galletas, pastas de te. Puidemos amasar, facer figuriñas, decorámolas e levamos algunhas para que tod@s @s papás e mamás puideses probar o ricas que nos quedaron, va que si?
QUE DUROS SON ALGÚNS COMEZOS
No concello de Oia estase a producir un auténtico rebumbio. Os nenos e as nenas andan algo alterados, que estará a acontecer…?
Pero si é o inicio do novo curso!!!
Non vos preocupedes pequechiños, os comezos son duros para todos: para as crianzas, para as familias e incluso para as mestras. Por iso, é moi importante que nos vaiamos coñecendo todas e todos pouquiño a pouco.
O primeiro día con que esteades media horiña acompañados dunha figura de apego abonda. Aos poucos iredes quedando máis tempo para que vaiades coñecendo ás vosas mestras, aos compañeiros e compañeiras, os espazos, os tempos, os xoguetes, etc. Así, pouco a pouco vos iredes sentido cada vez máis seguros e confiados.
Despois dunha longa xornada, necesitades descansar e cada un reláxase como pode…
QUE BEN O IMOS PASAR ESTE ANO!!