Arquivos da etiqueta: actividade

O LIBRO VIAXEIRO

Debido ao grande éxito do ano pasado decidimos volver a poñer en marcha a proposta educativa do “Libro viaxeiro”. Coincidindo co nacemento de varios/as irmáns/irmás na aula dos/as maiores o titulamos: PRESÉNTOVOS A MIÑA FAMILIA!!!. Pretendemos que cada un/unha dos/as nenos/as nos presente a súa familia plasmando de xeito atractivo e orixinal a aqueles membros cos que teña mais relación, contacto, afinidade,… a través de fotos, debuxos, composicións, collaxes,… Mostrámosvos os primeiros resultados:

TRABALLAMOS A UVA

Na nosa galescola improvisamos unha vide no patio. Que vós parece?

Mans a obra, comezamos a vendima; algúns decidimos catar a nosa recolleita

Xa na clase, no noso propio lagar, manipulamos e pisamos as uvas.

Sabedes cal foi o resultado? Un boísimo zume de uva. Uhh! Que saboroso!

E como colofón, fixemos unha manualidade con pasta de modelar e follas de vide.