Nesta ocasión o noso patio converteuse nun gran campo de millo onde, entre todos/as, comezamos a esfolla.
Traballamos a esgalla pero ainda así foi moi divertido:
Unha vez feita a colleita debullamos as espigas e moemos o millo:
Coa fariña xa moída, unha pouca de auga, un chisco de sal e levadura, mirade o que fixemos:
Este foi o resultado (estaba un pouco duro pero moi bo):
Queremos, dende aquí, agradecer a Lina, a nai de Diego, que nos forneara o pan na súa casa.
Os/as máis cativos/as tamén quixeron participar. Ollade todo o que fixeron: