Arquivo da categoría: Obradoiro de aniversario

PARABÉNS NOA E DIEGO

Durante o mes de xaneiro Noa e Diego celebraron os seus aniversarios. Son os maiores da escola e cada día nolo demostran coas súas aprendizaxes, o seu interese e a maior autonomía persoal que van acadando.

Para celebrar os seus aniversarios convidáronnos a comer unha torta que estaba boísima, despois rompimos unha piñata e despois… A BALIAR!!! ao son de Pelo Gato 24 que tanto lles gusta.

Queredes ver as fotos deses momentos?

Noa e Diego compartiron moitísmos momentos con nós e a verdade é que temos moita sorte de telos na escola, queredes ver como foron os seus comezos?

Miña nai querida!!! canto creceron estes meniños!! Unha aperta repaces esperamos que sigades sendo sempre así.

ANIVERSARIO DE MARCOS

O PASADO 29 DE DECEMEBRO MARCOS CUMPRIU 2 ANOS, XA É TODO UN MOZO E CADA DÍA NOLO DEMOSTRA COS SEUS AVANCES E AS SÚAS APRENDIZAXES, CADA DÍA MÁIS AUTÓNOMO.

MOITAS FELICIDADES MARCOS, AS TÚAS PROFES ESTÁN MOI ORGULLOSAS DE TI.

PARA CELEBRAR UN DÍA TAN ESPECIAL, MARCOS CONVIDOUNOS A TODOS A UNHA TORTA QUE ESTABA BOÍSIMA E DESPOIS DE COMER E SOPRAR AS VELAS FIXEMOS O QUE MÁIS LLES GUSTA ÁS NENAS E AOS NENOS DA CLASE… BAILAR!!!!!

 

 

 

ANIVERSARIO DE JAIME

Disculpa as molestias, pero serías tan amable de darlle ao “play” antes de comezar a ler esta anotación? Moitas grazas.

canciones-infantiles-parchis-cumpleanos-feliz


Listo? Entón xa podemos comezar, veredes…


O pasado 15 de novembro Jaime quiso festexar con tódolos seus compañeiors e compañeiras o seu aniversario e o festexamos por todo o alto, xa que dous anos non se cumpren tódolos días…

Durante este tempo Jaime aprendeu un montón de cousas, sabedes? Agora xa non usa cueiro por que xa vai el soliño ao baño. Ademais, tamén fixo moitos amigos: Cloe, Diego, Lucía, Xiana, Paula, Hugo, Estela, Eva, Mario, Marcos, Noa, Noelia, Jimena e xoga con todos e todas, por iso os quiso convidar a comer tarta de mazá, boísima!!! que lle trouxeron a súa mamá e o seu papá.

Jaime é todo un campeón e cada día nolo demostra cos seus aprendizaxes, a súa curiosidade, o agarimo que reparte tanto aos compañeiros como as mestras, por iso lle desexamos que ao longo dos vindeiros anos que vaia celebrando non perda a súa alegría e ganas de vivir.

Por certo, aí deixo unha foto de Jaime cando viu por primeira vez á Escola, verdade que creceu moito?

CLOE ESTÁ DE ANIVERSARIO!!

O pasado 30 de setembro a nosa compañeira Cloe cumpliu 2 anos, xa é unha nena moi, moi maior.

Dende que Cloe chegou á escola creceu moito e aprendeu moitas cousas, E O QUE LLE QUEDA!! Esta nena é toda unha campeona. Por iso o día do seu aniversario o celebramos por tódolo alto cunha torta que trouxo o seu papá e que estaba RIQUÍÍÍSIMA.

Cloe quiso festexar o seu aniversario cos seus compañeiros e as súas compañeiras de clase. Cando soprou as velas todos aplaudimos moi, moi forte e lle desexamos os nosos parabéns.

PARABÉNS CLOE! QUE CUMPLAS MOITOS MÁIS SEMPRE COA ALEGRÍA QUE TE CARACTERIZA E COAS MESMAS GANAS DE APRENDER.

feliz-cumpleanos-tradicional

ANIVERSARIOS DE MAIO

O DÍA 9 FOI O ANIVERSARIO DE LUCÍA E PARA CELEBRALO FIXEMOS UNHA GRAN FFESTA: SOPROU AS VELAS, XOGAMOS COS GLOBOS, BAILAMOS E FIXEMOS UNHA PIÑATA.

PARA CELEBRAR O ANIVERSARIO DE PAULA, APROVEITAMOS QUE ESTABAMOS TRABALLANDO OS OFICIOS, E COA AXUDA DA NAI DE EMMA (QUE É COCIÑEIRA), FIXEMOS UNHA TARTA QUE ESTABA, MUMM…  BOÍSIMA!!

SERGIO CUMPRIU 3 ANOS, E CELEBRÁMOLO POR TODO O ALTO. PASÁMOLO MOI BEN!!

ANIVERSARIOS DE ABRIL

A MAIS PEQUENA DA GALESCOLA XA CUMPRIU O SEU PRIMEIRO ANO E O CELEBRAMOS POR TODO O ALTO. A SÚA FAMILIA TRÓUXONOS UNHA TARTA QUE COMPARTIMOS CON TÓDALAS CRIANZAS, ADEMAIS DUN AGASALLO PARA CADA NENO/A. PARABÉNS NOA!!!

A OUTRA HOMENAXEADA NESTE MES FOI MARÍA. DESPOIS DE SOPRAR AS VELAS FIXEMOS UNHA GRAN PIÑATA DE ONDE SAÍRON FLORES DE XOGUETE QUE MARÍA REGALOU AOS SEUS/SÚAS AMIGOS/AS.

PARABÉNS AOS CATRO!!!

O MES DE MARZO VEN CARGADO DE ANIVERSARIOS: ALEX, IKER E ALEXIA XA CUMPRIRON OS TRES ANOS E XIANA DOUS. PARABÉNS PARA TODOS!!!

ALEX É O MAIOR DOS CATRO.

IKER, É UN POUCO TÍMIDO PERO DISFRUTOU COMO O QUE MAIS DA SÚA FESTA.

ALEXIA ESTÁ LONXE, EN COLOMBIA, VISITANDO AOS SEUS FAMILIARES MATERNOS. DENDE AQUÍ QUEREMOS DESEXARLLE UNHA BOA VIAXE DE REGRESO E UN FELIZ ANIVERSARIO.

 SOFÍA, A MAMÁ DE XIANA PREPAROUNOS UNHA MERENDA EN FORMA DE TREN POR MOR DO CENTRO DE INTERESE QUE ESTAMOS TRABALLANDO NA ESCOLA.