Arquivo da categoría: O noso centro

Onde estamos?

 

home_foto.gif

 

Oia, situado no sur da provincia de Pontevedra, entre Baiona e A Guarda, permite disfrutar dun espazo con gran número de lugares de interese. A grandiosidade do mosterio e o seu emplazamento, os restos das súas antigas fortalezas, a misteriosa mensaxe da prehistoria que podemos percibir a través dos petroglifos, ou as construccións tradicionais da arquitectura rural galega… todo iso nun marco natural, no que a simbiose entre a montaña, e o mar e o ceo farannos caer nun embruxo.