ESTE ANO AS AULAS DOS NOSOS CATIVOS TEÑEN NOMES RELACIONADOS CO MAR. VELAÍ VAI A PRESENTACIÓN:
Ola familias este ano a escola infantil de Oia abriu as súas portas con moitas novidades. Agora temos unha aula máis e unha sala de usos múltiples, un patio máis grande, con areeiro, zona cuberta e unha pequena horta. Ademais chegaron dúas educadoras novas Sonia e Inés e incorporáronse nov@s nen@s.
Aínda que ao principio nos custou, pouco a pouco fómonos adaptando.
Despois do período de adaptación tiñamos moitas ganas de facer cousas novas, de aprender, así que puxémonos mans a obra e comezamos coa esfolla. Para comezar miramos nun vídeo como se saca a espiga, como se debulla, como se garda nos hórreos,… Continuamos manipulando as espigas, as follas, a barbela,… O seguinte paso foi debullar, uff canto traballamos, mirade que ben o fixemos.
Ao día seguinte preparamos a nosa propia espiga, pegamos os grans de millo e tamén lle puxemos as follas. Ademais como tiñamos moitas espigas decidimos colocalas na aula, e para que quedaran ben bonitas, pintamos un mural empregando a cor verde, marrón e amarela.
Co millo que debullamos fixemos fariña, bueno nos no, pero as profes trouxeron a clase un muíño onde se votaba millo e saía fariña. Ao rematar puidemos manipulala.
Pero o que máis nos gustou foi o que fixemos con ela, a ver se adiviñades: mezclamos fariña, un chisco de sal, levadura, auga, amasamos, amasamos,… fixemos bolas e churros… e despois dun anaco no forno… aquí está o pan!!
Pero non so experimentamos co millo, tamén o manipulamos, as profes puxéronnos cubetas con millo, follas, carozos, botellas, caixiñas,… Xogamos moito con esta actividade.
E para rematar fixemos un circuíto sensorial. Foi todo unha sorpresa, había millo, follas, carozos, fariña,… Descalzámonos e de un en un pasamos por encima, a fariña era moi suave, os carozos ásperos e non nos gustaba a textura e o millo facía moito ruído.
Durante este tempo contamos coa colaboración das familias, pedímoslle que fixesen un boneco cunha espiga e velaquí tedes o resultado. Moitas grazas pola vosa colaboración.
Coa chegada da primavera podemos percibir unha morea de cheiros no noso entorno. Días atrás @s pequech@s da escola estivemos xogando coas flores e con diferentes herbas aromáticas. A partir disto ocorréusenos facer unha colonia, que cheiraba a eucalipto que era unha marabilla… e tamén decidimos tinguir teas con te e café.
Primeiro observamos como cambia a color da auga se lle votamos te, comparámolo coa cor do café e por suposto probamos as dúas bebidas!! Despois de todo isto pasámolo pipa tinguindo as teas,…
Ao día seguinte contamos coa colaboración da mamá de Yurena e Itahisa e fixemos unhas galletas, pastas de te. Puidemos amasar, facer figuriñas, decorámolas e levamos algunhas para que tod@s @s papás e mamás puideses probar o ricas que nos quedaron, va que si?
Ao chegar as doce do mediodía tomamos os gusanitos da sorte e demos a entrada ao 2010 brindando con cava de laranxa. Ademais pedimos os mellores desexos para este ano que comeza.
De seguido chegou o día de Papá Noel e os mais cativos fixeron unhas fotos co seu gorro, mirade que guapos quedaron…
Debido a tradición musical que ten o concello de Oia, os máis pequechos tamén quixemos festexar o día da música ou día de Santa Cecilia (patroa dos músicos).
Mirade que ben o pasamos xogando cos instrumentos…
Os máis maiores déronnos un concertó, e fixérono moi ben!! Dentro duns anos vannos delitar sendo participes dos fermosos concertos da nosa banda, a banda de Mougás.
Despois dun tempo esperando chegaron as crianzas a nosa galescola!! Este é un pequeno resumo gráfico do que foron os primeiros días, pouco a pouco irémosvos contando como é a nosa andaina.
As rutinas
Aula 0-2
Como me chamo? Quen veu ao cole? Que día é hoxe?
Aula 2-3
Traballando xuntos Traballo individual Facendo a fila
As rutinas son unha parte moi importante da actividade diaria da aula. As pequenas cancións ou retahílas sinxelas axudan aos/ás nenos/as a facilitar a súa aprendizaxe e converten a actividade en algo agradable e divertido.
Estas son as que coñecemos nós:
A entrada na escola infantil supón un importante cambio para o/a neno/a , e non soamente eles teñen que adaptarse, senón tamén as familias. Dende o equipo educativo pretendemos facilitar este proceso mediante un plan de adaptación.
Orlas no período de adaptación
Esta actividade a realizamos antes da entrada dos/as nenos/as na escola co fin de que as crianzas se coñezan e familiaricen entre elas e tamén co persoal do centro.
Con este folleto informativo pretendemos que as familias das nosas crianzas coñezan o funcionamento básico da nosa Escola Infantil.
Para contactar directamente co persoal da galescola de Oia aquí tedes a nosa dirección de correo electrónico: