FIXEMOS UN COLGANTE CELTA
Arquivo da categoría: Experiencias
OS CELTAS VISITAN A GALESCOLA: sesión 4
Os/as cativos/as da Escola Infantil meteron as mans na masa e fixeron unhas boísimas orellas de entroido que non dudaron en probar. https://www.escolasinfantisdegalicia.es/oia/2009/02/26/tempo-de-orellas/" rel="bookmark">TEMPO DE ORELLAS
OS CELTAS VISITAN A GALESCOLA: sesión 3
OS MAIS PEQUENOS DISFRUTARON ARREO PINTANDO AS SÚA PROPIA ROUPA CELTA.
OS CELTAS VISITAN A ESCOLA: sesión 2
OS CELTAS VISITAN A GALESCOLA: sesión 1
OUTRO ANO MAIS QUIXEMOS TRABALLAR NA GALESCOLA OS CASTROS E OS CELTAS, POR FORMAR PARTE DO CONTORNO DOS NENOS. OIA E SEUS ARREDORES ESTÁN PLAGADOS DE CASTROS, PETROGLIFOS E TRADICIÓNS CELTAS.
DURANTE AS ÚLTIMAS DÚAS SEMANAS ESTIVEMOS INVESTIGANDO E EXPERIMENTANDO UNHA MOREA DE COUSAS AO RESPECTO. OS MAIS PEQUENOS COMEZARON, FACENDO UN MURAL.
A COLLEITA DO MILLO
Nesta ocasión o noso patio converteuse nun gran campo de millo onde, entre todos/as, comezamos a esfolla.
Traballamos a esgalla pero ainda así foi moi divertido:
Unha vez feita a colleita debullamos as espigas e moemos o millo:
Coa fariña xa moída, unha pouca de auga, un chisco de sal e levadura, mirade o que fixemos:
Este foi o resultado (estaba un pouco duro pero moi bo):
Queremos, dende aquí, agradecer a Lina, a nai de Diego, que nos forneara o pan na súa casa.
Os/as máis cativos/as tamén quixeron participar. Ollade todo o que fixeron:
O LIBRO VIAXEIRO
A caixa dos botes
Ás veces non fai falta ter moitos xoguetes para que os/as nenos/as se divirtan e aprendan, ademais de descubrir unha morea de cousas novas. Aquí na galescola témolo claro, e como tamén queremos que aprendan a utilizar os materiais de refugallo, fixemos unha caixa onde imos gardando todos os botes que atopamos pola casa ou na escola: botes grandes, con tapa, con rosca,…
DESCUBRINDO O NOSO CORPO II
A boneca
Seguimos xogando e aprendendo co noso corpo. E ademais a nosa boneca xa ten nome. Chámase Maruxa e xa é unha compañeira máis de xogos:
Entre todos/as estámola deixando moi guapa!
A boca O nariz e as pestanas Os zapatos
Cremos que a actividade non remata aquí. Maruxa vainos servir de eixo motivador doutras experiencias máis. A nosa proposta é que sexa outra “escusa” para levar a escola á casa, ou que a casa veña á escola. A idea é que cada neno/a a leve unha fin de semana e que logo, a través da axenda diaria, ou eles/as mesmos/as, nos conten que fixeron con Maruxa (se a levaron ao parque, se durmiron con ela, se a peitearon,…). Que vos parece?
Os títeres
O conto de Carapuchiña vermella é ideal para traballar as partes da cara, ademais de ser un clásico de moita acollida entre os/as máis cativos/as, sobretodo, se o contamos cun monicreque. A capacidade de atención foi exemplar!
A cara
Este “panel da cara” é unha ferramenta moi sinxela de facer e sérvenos como recurso para traballar durante todo o curso. As caras que fixeron os/as nenos/as foron moi graciosas: ollos tortos, bocas na fronte,… Temos que seguir traballando pero estamos no bo camiño.
As fotos
Ter as fotos pola aula provoca moita curiosidade aos/ás nenos/as.
Quen é este/a?
A silueta
Logo de facer a silueta, traballamos con diferentes materiais e técnicas para completar o debuxo do noso corpo. A verdade é que traballamos moito.
O traballo está sendo moi productivo e observamos os progresos que van facendo os/as nenos/as. Dende que comezamos a actividade observamos situacións na aula que nos provocan o sorriso e nos confirman que as aprendizaxes estanse interiorizando. Por exemplo, é moi habitual velos/as tocándose os ollos entre eles/as ou cando están xogando cos peluches nomear e tocar as partes de corpo.