Arquivo da categoría: Experiencias

EXPERIMENTAMOS CON XELATINA

Na aula dos caranguexos experimentamos con xelatina. Nun principio non nos gustaba demasiado a súa textura, pero en canto nos acostumamos foi todo un éxito. A Lucas lle encantaba tirala e espachurrala coas mans; Noa disfrutaba collendo anaquiños, pintando con ela no chan e votándoa nas súas pernas; e Lúa simplemente encantáballe comela, estaba riquísima!!

OBRADOIRO DE ORELLAS DE ENTROIDO

Con motivo da chegada do entroido aproveitamos para enseñarlle aos nenos e nenas da escola algunhas das tradicións relacionadas con esta festa. Unha delas, e a que máis nos gusta son os postres, mmmmmm!!! Por iso, decidimos levar a cabo un obradoiro de ORELLAS DE ENTROIDO. Lles pedimos axuda ás familias e moi gustosas Beni e Marisa se ofreceron para axudarnos.

A través de este obradoiro tamén pretendemos que as crianzas experimenten e perciban sensacións cos ingredientes cos que se elaboran as orellas. Así pois, poderán percibir por si mesmos aspectos como: un pouquiño, unha culleradiña, salgado e doce, etc.

Estas que son as fotos que recollen ese momento e mirade o ben que o pasamos.

Mirade … este foi o resultado

E ben boas que estaban que non duraron nadiña…

XOGAMOS A VENDIMAR

“O xogo do viño consiste en pisar

as uvas moradas que hai no lagar.

As piso, as piso as volvo a pisar

as uvas moradas que hai no lagar”

Esta é a canción que cantabamos todos e todas mentres pisábamos as uvas para a elaboración do viño.

O primeiro que fixemos foi poñernos en contacto coa materia prima: a uva. As nenas e nenos as tocaron, as cheiraron, as probaron, quitáronlle as pepitas e dende logo as comeron.

 Posteriormente, no patio fixemos a nosa propia vendima, as mestras colocaron ramas de vide con uva e entre todos fixemos a recolleita.

 

E finalmente, o que máis ilusión lles facía que era pisar as uvas para facelo viño, a partir desta actividade as criaturas non só recrean unha das costumes máis extendidas da zona, senón que ademáis lles permite experimentar coas cores, os aromas, as sensacións que lles proporciona pisar as uvas cos pés, etc.

 

Esta entrada publicouse en Experiencias o por .

XOGOS E XOGUETES

A SEGUNDA SESIÓN DO ESPAZO DAS FAMILIAS FOI DO MAIS DIVERTIDO. PAIS E NAIS PARTICIPARON DE CHEO NOS XOGOS PROPOSTOS E TOMARON NOTA DE TÓDOLOS XOGUETES QUE SE PODEN FACER CON MATERIAL DE REFUGALLO COA AXUDA DAS SÚAS CRIANZAS.