Arquivo da categoría: As miñas anotacións

XOGAMOS CON PASTA

As cativas e cativos da aula dos Peixes levaron a cabo unha actividade moi divertida: experimentaron e manipularon con pasta. Xogaron con ela, a tiraron polo aire, a meteron en botes,… fixeron unha morea de cousas. A partir desta activade as crianzas descubren as propiedades dos obxectos (duro – brando); conceptos de cantidade cando fan monteciños coa pasta (moito – pouco); nocións espaciais ao meter e sacar a pasta dentro dos botes (dentro – fora), etc. En definitiva que o pasaron pipa ao tempo que aprendía unha morea de cousas… É que as nosas cativas e cativos aprenden xogando!!!!

 

O SAMAIN

COA CHEGADA DO PRIMEIRO DE NOVEMBRO, ESTE ANO NA ESCOLA TIVEMOS UN TRASNÓN QUE NOS FACÍA CADA DÍA UNHA FALCATRUADA. TIRÁBANOS TODOS OS XOGUETES, ESCONDÍANOS AS COUSAS,… E NOS ÍA DEIXANDO PISTAS PARA QUE O ATOPÁSAMOS. FOI MOI DIVERTIDO!!!

PARA COMEZAR A DECORAR A ESCOLA FIXEMOS UNHA ACTIVIDADE DE VALEIRAR AS CABAZAS. A PULPA ESTABA MOI RICA E A COMÍAN A PUÑADOS, PERO AS PEPITAS ERAN ALGO DURAS…

POR ÚLTIMO FIXEMOS UNHA GRAN FESTA DISFRAZADOS PARA A OCASIÓN. MIRADE QUE GUAPIÑOS ESTABAMOS E QUE BEN O PASAMOS

DEREITOS DOS NENOS

O día 20 de novembro en conmemoración do Día dos Dereitos do Neno, tivemos unha visita moi especial. As alumnas e alumnos do Colexio de Educación Especial San Xerome Da Guarda viñeron a poñernos un vídeo sobre os dereitos dos nenos que eles mesmos elaboraron.

O primeiro que fixemos na aula, antes de ver o video, foi ter unha conversa coas crianzas sobre os dereitos dos nenos, dunha forma sinxela e adaptada á súa idade. Nomeamos algúns dos dereitos máis significativos para as crianzas, por exemplo:”Dereito a unha familia” e falamos sobre a súa familia, que había nenas ou nenos que non tiñan familia, etc.

O día 20 recibimos a visita tan esperada, as alumnas e alumnos do cole de San Xerome amosáronnos o seu vídeo que lles quedou precioso.

MASAXES

Outro recurso moi interesante para o desenvolvemento dos sentidos, novamente a través do tacto, son as masaxes. As masaxes non só contribúen a proporcionar equilibrio e benestar ás crianzas, senón que tamén os axuda a ir intererizando as súas partes do corpo, disfrutar a través do sentido do tacto, percibir as sensación que lles evoca a masaxe…

Recoméndase a tódalas familias con nenas e nenos de 0 – 3 anos que dediquen un ratiño ao día para facer unha masaxe. O momento ideal soe ser antes da ducha, pola noite. Iso si, recordade utilizar un pouco de aceite corporal. As persoas que estean interesadas no tema das mesaxes podedes falar co persoal educativo da escola e vos podemos prestar documentación e libros acerca desta técnica tan beneficiosa para as vosas crianzas. Ademais, un aspecto moi interesante que teñen é que contribúen a establecer lazos afectivos entre o adulto e a crianza. Coas masaxes todo son ventaxas, animádevos!!!!!

CIRCUITO SENSORIAL

Na aula dos peixes levaron a cabo unha actividade moi interesante, é un cricuito sensorial. Como di o propio nome este é un circuito que lles vai axudar ás crianzas a desenvolver as capacidades sensoriais, sobre todo as sensacións relacionadas co tacto. En primeiro lugar, as crianzas descalzáronse, xa que os pés van ser o órgano sensorial principal nesta actividade. En segundo lugar, de xeito dirixido, con axuda dos educadores, pasearon sobre as distintas texturas. E finalmente, fixeron un uso libre delas. As crianzas tiveron total liberdade para manipular, tocar, chupar… as distintas texturas que se lles ofreceron.

XOGAMOS AOS BOLOS

Na aula das estrelas aprenderon un novo xogo super divertido. Aprenderon a xogar aos bolos. As crianzas ademais de pasalo xenial traballaron unha morea de aspectos psicomotrices, a coordinación óculomanual, o equilibrio, distribución espacial, etc. Así tamén este xogo os axuda a ir asumindo as regras dos xogos.

Mirade o ben que o pasaron!!!

Experimentamos cos instrumentos musicais

Os máis cativiños da Escola, a aula dos Caranguexos, experimentaron a través dos instrumentos musicais. Este é un material que ofrece gandes posibilidades de experimentación, descubrimento e exploración acerca das propiedades e calidades dos obxectos.

A través deles, as crianzas, ademais de descubrir e explorar os sons que emiten, tamén descobren propiedades dos obxectos, como os distintos tipos de materiais dos que están feitos: metal, madeira, plástico, pel tensada… Cada material ofrece distintas texturas, cheiros, aromas e incluso sabores… xa sabedes que a estas idades todo vai parar a boca.

En definitiva, o traballo cos instrumentos musicais, non só implica o desenvolvemento da estimulación auditiva, senón tódolos demais sentidos: vista, olfacto, tacto e gusto. Non debemos esquecer que as aprendizaxes das crianzas prodúcense a través dos sentidos.

O MAGOSTO

Coa chegada do outono  manipulamos os froitos e o que a natureza nos dá nestas datas: noces, castañas, piñas, follas, setas,… Os nos@s cativ@s disfrutaron un montón coas diferentes texturas.

Os maiores da escola fixeron un experimento con castañas cocidas. As desfixeron, as espachurraron, xogaron con elas e non perdían ocasión de darlle un bocado.

Tamén contamos con Patri, a mamá de Xan, que traballa no San Xerome e viu cos seus mozos a ensinarnos un xogo de castañas que fixeron no seu taller. A resposta foi boísima tanto dos nos@s nen@s coma dos seus… Todos xuntos pescamos castañas!!

Para rematar fixemos unha gran festa con castañas asadas. Bailamos, xogamos a pescar castañas e comemos. Entre todos chegamos a conclusión que as castañas nos gustan de tódalas  maneiras. Están riquísimas!!!

A VENDIMA

As cativas e cativos da Escola infantil de Oia traballaron arreo para a elaboración do viño de máis prestixio da zona do Baixo Miño, é un viño tan tan tan selecto que nin sequera se pode mercar nas tendas de delicatessen. É único e exclusivo para as crianzas da Escola Infantil de Oia.

Durante o mes de outubro as crianzas da escola estiveron aprendendo moitas cousas sobre a elaboración do viño. Dentro das súas posibilidades, levaron a cabo a súa propia produción: recolleron a uva e a pisaron no lagar.

Mentres pisamos as uvas do lagar cantamos a canción do viño:

“O xogo do viño consiste en pisar,

as uvas moradas que hai no lagar.

As piso, as piso e as volvo a pisar

as uvas moradas que hai no lagar”

Ademais de ir descubrindo procesos de elaboración do viño descubren novas sensacións e texturas através dos sentidos e das distintas partes do corpo: a través dos pés perciben o frío da uva e a súa textura, cheiran, saborean…

A partir da temática da vendima as crianzas  poden aprender moitos outros contidos como son as cores: verde e morado; as formas das uvas: unhas son redondiñas e outras máis ovaladas; desenvolven a psicomotricidade fina: debuxando un mural, poñendo gomets redondos sobre as uvas xa pintandas, etc.