Arquivo da categoría: Parabéns

FESTEXAMOS OS ANIVERSARIOS

O 27 DE AGOSTO FESTEXAMOS O PRIMEIRO ANIVERSARIO DE DAIANA, ESTA PEQUERRECHA MEDROU MOI AXIÑA!! MIRADE O BEN QUE O PASAMOS…

 

TIVEMOS O DÍA 9 DE SETEMBRO O ANIVERSARIO DE CARLA PASÁMOLO EN GRANDE, ESPECIALMENTE A HOMENAXEADA. MIRADE QUE CARA BAILANDO, TÓDOLOS DÍAS DEMOSTRA QUE É UNHA NENA SUPER FELIZ.

O DÍA 11 FOI O DE MARÍA, O 12 O DE INÉS E O 14 O DE HUGO, PUXÉMONOS AS BOTAS DE ROSCÓN, ZUME E GUSANITOS. FORON UNS DÍAS QUE NOS VIÑERON MOI BEN PARA A ADAPTACIÓN DOS NENOS NOVOS ANXO, LUCÍA E NAIALA, ESTO DAS FESTAS SEMPRE UNE, PARECÍA QUE LEVABAN MOITO MAIS TEMPO CON NÓS.

POR FIN CHEGOU O ANIVERSARIO DAS NOSAS XEMELGAS NOA E LÚA O 7 DE OUTUBRO, COMO MEDRARON NESTE ANIÑO, CO PEQUERRECHAS QUE CHEGARON AQUÍ.

O 20 DE OUTUBRO FESTEXAMOS O  PRIMEIRO ANIVERSARIO DE THAI, COMO NOS GUSTAN AS FESTAS!.

LEVAMOS UNHA BOA CARREIRIÑA CON TANTO ROSCÓN ASÍ NOS ESTAMOS POÑENDO, TEREMOS QUE MONTAR UN XIMNASIO. AS MESTRAS NON SE QUEDAN CORTAS E TAMEN QUEREN A SÚA FESTA, O DÍA 24 TOCOULLE SOPRAR AS VELAS A INÉS.

AINDA SEN RECUPERARNOS DE TODO APARECE O ROSCÓN DE LUCAS O DIÁ 26. HAI OUTRO HOMIÑO POR AHÍ QUE TAMÉN CUMPRE ANOS ESTE DÍA, O NOSO CUCO.

COMO ÚLTIMO ANIVERSARIO DE ESTE ANO 2011 TIVEMOS O DE XAN QUE NON POR SER O ÚLTIMO E MENOS IMPORTANTE, VAIA FESTAZA!!!!

Xa son maior!!

Izan, o neno máis maior da nosa Escola Infantil, xa non leva cueiro! Grazas a estupenda colaboración da familia o proceso foi todo un éxito. Estamos moi animadas para seguir traballando neste sentido cos/coas outros/as nenos e nenas. Parabéns Izan!

                                     fotos adrian 111.jpg

Xa temos 1000 visitas!!

Estes parabéns son hoxe para todos os que entrades dentro da nosa escola a través desta ventá, motivo de ánimo para seguir compartindo as nosas experiencias.

Gustaríanos darlles as gracias a todas as escolas que fan o esforzo de compartir o seu traballo e que nos aportan tantas ideas!

E, cómo non, gracias 1000 para as nosas crianzas das cales aprendemos cousas novas todos os días!

             Gracias.png

Un novo irmanciño na casa de Brais

O xoves 17 de xaneiro quedamos todos e todas encantados e encantadas coa boa nova que trouxo Brais de Oliveira á clase: nacera o seu irmán!

Aproveitamos o momento da asemblea para conversar sobre os bebés e do importante que é ser o irmán maior.

A verdade é que Brais non tiña moitas ganas de falar do tema, darémoslle un tempo para que se faga a nova situación…seguro que logo quererá contarnos as monecadas que fai o seu irmán, canto axuda os seus pais e sobre todo canto xoga con él!

 FOTOS 2 015.jpg  IMG_4171.JPG

Parabéns para toda a familia!