Arquivos do autor: equipo educativo de oia

ANIVERSARIO DE MARIO

O pasado 15 de xullo o noso querido compañeiro Mario quixo festexar a súa festa de aniversario con tódolos seus compañeiros e compañeiras da escola. Para iso, nos trouxo unha torta que estaba boísima!!! 

       

Despis, para seguir coa festa bailamos moito, ao noso aire e bailamos ao son da música ao redor das cadeiras, quen gañaría o xogo…?

                  

 

TODOS GAÑAMOS POR QUE O PASAMOS XENIAL!!

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

A semana do 17 de maio fixemos unha chea de actividades por o día das letras galegas que este ano se lle adicaron a Uxío Novoneyra. Coñecemos o traxe típico galego, os instrumentos e, o propio día, a mamá de Ainara, Dori, viunos tocar unas pezas. Bailamos e acompañámola tocando cos nosos instrumentos, ademais algunhas crianzas viñeron vestid@s co traxe rexional.

O CURRO

O primeiro domingo de Maio no concello de Oia hai un gran acontecemento “ O CURRO DA VALGA”, e dende a escola traballamos esta festa que tanto nos gusta. Para comezar construímos o noso cabalo Pichirilo, de seguido o levamos ao curro porque tiña o pelo un pouco longo e alí lle cortamos as crins, a cola e o marcamos.

Ademais coñecemos os aparellos do cabalo (cadeira, cabezada, estribos,…) o papá de Lucía, Berto, prestounos todos os enseres necesarios e puidemos galopar encima de Pichirilo coma verdadeiros vaqueiros. E para rematar o papá de Miro, Nardo, viu  ensinarnos a súa egua Selva e puidemos montar, acariciala, tocarlle as crins,…

MIRADE QUE BEN O PASAMOS!!

o-curro_001

EXPERIMENTAMOS CON CAFÉ E TE

Coa chegada da primavera podemos percibir unha morea de cheiros no noso entorno. Días atrás @s pequech@s da escola estivemos xogando coas flores e con diferentes herbas aromáticas. A partir disto ocorréusenos facer unha colonia, que cheiraba a eucalipto que era unha marabilla… e tamén decidimos tinguir teas con te e café.

Primeiro observamos como cambia a color da auga se lle votamos te, comparámolo coa cor do café e por suposto probamos as dúas bebidas!! Despois de todo isto pasámolo pipa tinguindo as teas,…

tinguir

Ao día seguinte contamos coa colaboración da mamá de Yurena e Itahisa e fixemos unhas galletas, pastas de te. Puidemos amasar, facer figuriñas, decorámolas e levamos algunhas para que tod@s @s papás e mamás puideses probar o ricas que nos quedaron, va que si?

DÍA DO LIBRO

PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO CONTAMOS COA COLABORACIÓN DAS FAMILIAS E, DURANTE TODA A SEMANA, A MAMÁ DE LUCAS E A DE DANIELA VIÑERON A LERNOS CONTOS. ADEMAIS COMO XA CHEGOU A PRIMAVERA FIXEMOS UN MARCA PÁXINAS CUNHA XOANIÑA E CUN TREVO, MIRADE QUE CHULO!!

UN ANIVERSARIO EXPECTACULAR!!

Para celebrar o aniversario de Noa, tivemos unha sorpresa que viu dun lugar moi afastado… Queredes saber de onde? Pois si, efectivamente, viu dende Disneyland París exclusivamente a festexar connosco o segundo aniversario de Noa!!

Mirade que grande e que guapo e Mickey!! Nun principio, estábamos tan abraiados que nos asustamos un chisquiño pero despois foi a nova de toda a semana.

Ademais repartiunos gusanitos e pasámolo moi ben!! Foi un acontecemento inesquecible. Moitas gracias a Noa e aos seus papás por invitar a Mickey e compartir con nos esta bonita sorpresa!!