Arquivos do autor: equipo educativo de oia

ACTIVIDADES DE NADAL NA ESCOLA INFANTIL DE OIA

Na escola Infantil de Oia non perdemos ocasión de celebrar unha festa. E o Nadal non ía ser menos. O persoal da escola puxémonos mans á obra para preparar un montón de actividades divertidas para as crianzas e familias. Despois de decorar a escola coa axuda das familias e de que a carteira dos Reis Magos viñera a recoller as cartas e de paso amosarnos a súa moto co seu casco.

O primeiro que fixemos foi escribir a carta aos Reis Magos para darlla á súa carteira. Deunos moito traballo decirnos xa que nas revistas había moitos xoguetes!!

              

Despois, fixemos uns adornos en barro chulísimos que levamos para casa, mirade que cousa bonita!!

             

Ademais, na escola tivemos moitísima sorte, xa que tivemos visitas sorprendentes!!

PAPÁ E MAMÁ NOEL. Nesta ocasión as crianzas non choraron nada de nada xa que antes de levar a cabo esta visita os preparamos a través da manipulación da perruca e da barba de Papá Noel.

                 

Pero non só nos visitou Papá e Mamá Noel, noooo! Sabedes os Reis Magos viñeron cos seus paxes dende Oriente a visitarnos!!

        

Sen ningunha dúbida este Nadal foi moi especial para as nenas e os nenos da escola infantil de Oia, pasaron cousas asombrosas e incluso máxicas.

Moitas grazas a tódalas familias pola vosa colaboración!

A CARTEIRA DOS REIS MAGOS

Os nenos e as nenas da escola infantil de Oia recibiron unha sorpresa moi chula, a carteira de Oia, que é a nai de Miro, viu á escola coa súa moto para que as crianzas lle deran a súa carta aos Reis Magos.

Ao principio choraron un pouco xa que a moto facía moito ruído, pero en canto se apagou o motor a meirande parte deles tiñan moitas gana de subirse nela e poñer o casco de seguridade. Velaí algunhas fotos que sacamos:

        

Andrés foi o que máis engaiolado quedou da moto, unha vez que subiu non había quen o fixera baixar. É que o seu pai tamén ten unha moto!

   

 Finalmente as crianzas meteron as súas cartas aos reis magos no makuto da carteira. Esperemos que lles cheguen tosas e non se perda nin unha!

    

A partir desta actividade preténdese traballar moitos aspectos. A parte da motivación das crianzas de que van enviar unha carta aos reis magos, se traballa un dos aspectos máis importantes para nós: O COÑECEMENTO DO CONTORNO. Xa que ademais, coñecen os oficios da zona, ás familias, descubren a función da carteira de forma significativa, coñecen os medios de transporte, comezan a descubrir as funcións da carta como medio de comunicación, etc. E por suposto descubrir e coñecer unha das festas máis populares da nosa cultura O NADAL.

Esperamos que vos gustara a actividade, aos poucos iermos subindo máis cousiñas que fixemos por estas datas.

O pasado mércores 15 de decembro as familias da Escola Infantil de Oia puxéronse mans á obra para decorar a escola con motivos navideños. O obxectivo fundamental deste obradoiro, a parte da decoración navideña da escola, é poder pasar un anaco de tempo todos e todas xuntas en familia, falando das cousas que pasan na escola, achegando novas ideas para facer, coñecéndonos uns aos outros e estreitando lazos de unión.

As familias viñeron moi motivadas, trouxeron material para poder levar a cabo algúns dos obradoiros e ademais tamén achegaron moitas ideas novas. Vos deixamos unhas fotos do que foi o desenvolvemento do obradoiro.

                   

Como vos podedes dar conta nais, pais, irmáns, profes, nenos e nenas traballaron moito, moito para deixar a escola preciosa nestas datas.

Estas son algunhas das obras maestras que se fixeron, os sus artístas posan con elas moi orgullosos e orgullosas

UN ANIVERSARIO DIVERTIDO

O pasado 2 de cemebro o noso compañeiro Xan cumpriu o seu primeiro aniversario, e para celebralo a súa mamá Patri quixo facer unha festa moi especial: FIXO UNHA FESTA DE PALLASOS!! O pasamos xenial.

Mirade, este é Xan, coa súa mamá e o seu papá

   

Os pallasos chegaron á escola cheos de cor, de son e de diversión. Tiñan un cofre máxico no que tiñan escondidos moitos tesouros que nos amosaron…

   

Ademais, tamén trouxeron moitos globos e papeis de moitas cores que encheron todo de cor!

           

Pero ademais, tamén trouxeron unha caixa chea de maquillaxe e nos deixaron así de guapos e de guapas…

       

As profes non quixeron ser menos e tamén se puxeron así de guapísimas

  

 

 

É A HORA DE TOCAR OS INSTRUMENTOS

Con motivo da celebracion do día de Santa Cecilia, patrona dos músicos, na escola aproveitamos para traballar a música e os instrumentos musicais. Durante a última semana de novembro as crianzas estiveron en contacto cos instrumentos musicais, experimentaron con eles, fixeron actividades de discriminación auditiva, escoitaron toda clase de xéneros musicais, fixeron un “pasarrúas” pola escola tocando os instrumentos musicais, etc.

Estas son algunhas das fotos que sacamos:

Para rematar a semana da música, convidamos ao papá de Johan, un músico extraordinario, que toca a guitarra e canta xenial. nenos e nenas disfrutaron moitísimo coa súa actuación, velaí algunhas fotos do momento.

Esta é a foto de grupo que sacamos para recordar este momento

Tamén deixamos un enlace dun video publicado en Youtube, esperamos que vos guste

http://www.youtube.com/watch?v=uAMX-d15J-g

FESTEXAMOS O MAGOSTO!!!

O outono chegou e con el ese froito tan exquisito e sabroso como é a CASTAÑA!!! Na Escola de Oia non quixemos perder oportunidade de festexar o magosto polo que nos puxemos mans á obra.

En primeiro lugar, puxemos ás crianzas en contacto coa materia prima. Fixemos un obradoiro de experimentación con castañas e follas secas do outono. Pasáronno xenial.

 

            

 Unha vez que xa descubriron cal é o elemento protagonista: A CASTAÑA, as nenas e os nenos elaboraron un premio para os seus papás e ás súas mamás en agradecemento por levalos á festa do magosto. O premio é un colgante de castaña decorado con pintura e con gomets, aos papás e mamás lles gustou moito.

       

E para rematar coa preparación da festa do magosto, as nenas e os nenos da escola fixeron un bolso super práctico para gardar nel as castañas, este foi o resultado dalgúns deles:

        

E por fín chegou o gran día! Todo estaba preparado: as catañas, o asador, os postres, a música e incluso os nosos bandullos!!

           

           

 VIVA O DÍA DO MAGOSTO!!

 

A VENDIMA

Un luns pola mañá nada máis chegar ao patio había unhas follas con froitos colgadas da varanda, umm, que sería? Pois si eran vides. Para comezar coa actividade o primeiro que fixemos foi vendimar.

Despois depenicarmos as uvas.

img_0196

Deseguido probamos a materia prima. As uvas estaban boísimas e como eran de cor negro puxémonos perdidiños pero pasámolo coma ananos.

Por último e para rematar fixemos mosto, e para iso tiñamos que espachurrar as uvas coas mans ou cos pes, a algún non nos gustou nadiña tocalas cos pés, son moi duras…

COMEZA UN NOVO CURSO!!

Ola familias este ano a escola infantil de Oia abriu as súas portas con moitas novidades. Agora temos unha aula máis e unha sala de usos múltiples, un patio máis grande, con areeiro, zona cuberta e unha pequena horta. Ademais chegaron dúas educadoras novas Sonia e Inés e incorporáronse nov@s nen@s.

Aínda que ao principio nos custou, pouco a pouco fómonos adaptando.

Despois do período de adaptación tiñamos moitas ganas de facer cousas novas, de aprender, así que puxémonos mans a obra e comezamos coa esfolla. Para comezar miramos nun vídeo como se saca a espiga, como se debulla, como se garda nos hórreos,… Continuamos manipulando as espigas, as follas, a barbela,… O seguinte paso foi debullar, uff canto traballamos, mirade que ben o fixemos.

a-esfolla

Ao día seguinte preparamos a nosa propia espiga, pegamos os grans de millo e tamén lle puxemos as follas. Ademais como tiñamos moitas espigas decidimos colocalas na aula, e para que quedaran ben bonitas, pintamos un mural empregando a cor verde, marrón e amarela.

Co millo que debullamos fixemos fariña, bueno nos no, pero as profes trouxeron a clase un muíño onde se votaba millo e saía fariña. Ao rematar puidemos manipulala.

Pero o que máis nos gustou foi o que fixemos con ela, a ver se adiviñades: mezclamos fariña,  un chisco de sal, levadura, auga, amasamos, amasamos,… fixemos bolas e churros… e despois dun anaco no forno… aquí está o pan!!

Pero non so experimentamos co millo, tamén o manipulamos, as profes puxéronnos cubetas con millo, follas, carozos, botellas, caixiñas,… Xogamos moito con esta actividade.

E para rematar fixemos un circuíto sensorial. Foi todo unha sorpresa, había millo, follas, carozos, fariña,… Descalzámonos e de un en un pasamos por encima, a fariña era moi suave, os carozos ásperos e non nos gustaba a textura e o millo facía moito ruído.

circuito

Durante este tempo contamos coa colaboración das familias, pedímoslle que fixesen un boneco cunha espiga e velaquí tedes o resultado. Moitas grazas pola vosa colaboración.