Anecdotario

Febreiro 2009

ALEX CHEGOU ENTUSIASMADO A AULA PORQUE TIÑA ALGO MOI IMPORTANTE QUE CONTARNOS: OS MEUS PAIS LEVARONME A VISITAR OS CASTROS DE A GUARDA!!!

PERO CAL FOI A NOSA SORPRESA CANDO DIXO:

“PERO OS CELTAS NON ESTABAN…!!!”

Abril 2008

Visionando imaxes de animais salvaxes, atopamos a foto dun bisonte. Cando lle preguntamos aos/ás nenos/as que animal estabamos a ensinar, Lía respondeu: “é unha vaca enfadada!”.

Marzo 2008

Teñen xoguetes pero eles/as atopan a maneira de disfrutar de todo o que atopan ao seu redor, e a nos gústanos ver como crecen sans e felices desenvolvendo a súa imaxinación.

xogando coa caixa (11).JPG     xogando coa caixa (7).JPG

Día 15 de febreiro de 2008 

Hoxe Marcos contounos que xa non tiña o chupete. A súa mestra preguntoulle:

Que fixeches co chupete?

“Dinllo ao porco”- contestou o neno.

Que vai facer o porco co chupete?

“O porco vai morrer. Vai matalo o meu avó dentro duns días”- contestoulle Marcos todo cheo de razón.

Día 12 de febreiro de 2008 

Boísima estaba a tarta de améndoas que nos trouxo a nai de Noa. Gústanos que nos mimen e sobre todo que esteades contentos/as coa educación que están recibindo as crianzas!!

Día 11 de febreiro de 2008

Á nosa benxamina tardáronlle moito en sair os dentes pero agora estanlle a sair todos xuntos. Catro!!

FOTOS 2 013.jpg

Día 1 de febreiro de 2008

Paiasos de neve

O noso Entroido deu para moitas anécdotas unha delas, moi habitual, é que os máis cativos e cativas choraron cando os quixemos disfrazar. Unha mágoa, estaban tan lindos/as!!

                                   festexando o entroido 014.jpg

Outra foi que o noso disfraz, que partiu coa idea inicial de ser un moneco de neve, convertiuse nun paiaso de cor branca. Quixemos que participaran na súa elaboración e o mellor que saben facer é pegar gomets. Así, con tanto colorido o moneco de neve pasou a ser un paiaso de neve. Aínda así quedaron moi guapos e guapas e pasámolo moi ben!!

Mirade que guapa unha das nosas nais!!

                                 festexando o entroido 009.jpg

A nai de Noa puxo unha nota de cor durante toda a semana de Entroido. No cole de Oia festexárono levando cada día unha cousa. A verdade é que ela ten moi bo humor!!!

3 de Xaneiro de 2008

Onte, na aula dos caracois, no momento da mañá que se len os nomes de cada un escritos nunhas tarxetas que ensinan as mestras, a Brais da Silva cando lle tocou dicir o seu nome, en vez de dicir “Brais” recoñeceuno e dixo “Eu”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *