EXPERIMENTANDO CO OUTONO

Un ano máis chega o frío, a caída das follas e os ricos froitos propios destas datas. Vamos, unha fonte infinita de recursos que aproveitamos na escola para desenvolver múltiples capacidades: creativa, sensorial, psicomotriz…, así como o descubrimento dos fenómenos propios desta época do ano, tanto na natureza como coma na vida social. Non só muda a paisaxe, tamén muda o modo de vida: a vestimenta a alimentación, as actividades cotiás, etc.

Nesta ocasión levamos a cabo unha experiencia coas follas secas de outono co alumnado de 2 – 3.

RAMOS FE FOLLAS SECAS

 

Para a súa elaboración o primeiro que fixemos foi solicitar ás familias que trouxeran follas secas que tiveran en casa, ou que atoparan paseando ou no parque…

Como toda actividade en Educación Infantil debe iniciarse cunha fase de exploración libre por parte das crianzas.

Un día chegaron á aula se atoparon coa sorpresa: caixas de cartón xigantes, follas secas, botes, castañas, etc

                   

Pola súa banda os máis pequenos e pequenas da escola tamén tiveron a súa experiencia coas follas secas e elementos propios do outono. Nesta ocasión gustaríame destacar o traballo realizada coas bolsas sensoriais.

As bolsas sensoriais son bolsas herméticas que se utilizan para gardar os alimentos cando os metemos no conxelador e son moi axeitadas para o desenvolvemento do tacto. Tamén plastificamos algunhas follas secas para que as crianzas as manipulen percibindo todo o seu relieve sin que se rompa a folla

  

Pero tamén desenvolveron o seu lado máis creativo a través da elaboración de un mural de outono

          

Este é o resultado

Precioso!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *