OS CARANGUEXOS EXPERIMENTAN COA FARIÑA
Deixa unha resposta
Na aula dos caranguexos encántanos emporcanos, e sempre acabamos sucios ata arriba. Nesta ocasión o material elixido foi a fariña. Este non é un alemento alleo para as crianzas, xa que noutras ocasións, como no obradoiro de orellas de entroido, xa traballaron con ela. Pera esta ocasión foi especial xa que puderon manipular e experimentar de forma libre sen que ninguén lles dixera o que tiñen que facer.
Desta forma, as crianzas van descubrindo as propiedades dos obxectos: as cores, a textura, o cheiro, as formas… que forma ten a fariña?