Arquivos mensuais: Maio 2012

OS CARANGUEXOS EXPERIMENTAN COA FARIÑA

Na aula dos caranguexos encántanos emporcanos, e sempre acabamos sucios ata arriba. Nesta ocasión o material elixido foi a fariña. Este non é un alemento alleo para as crianzas, xa que noutras ocasións, como no obradoiro de orellas de entroido, xa traballaron con ela. Pera esta ocasión foi especial xa que puderon manipular e experimentar de forma libre sen que ninguén lles dixera o que tiñen que facer.

Desta forma, as crianzas van descubrindo as propiedades dos obxectos: as cores, a textura, o cheiro, as formas… que forma ten a fariña?

 

Entroido

Chegan cun pouco de retraso pero xa están aquí!! As fotos de entroido. Este ano decidimos disfrazarnos de medallas olímpicas, xa que as nenas e nenos do CEIP Mestre Manuel García ían disfrazados coa temática das Olimpidas e dado que fixemos todos xuntos o desfile fomos en consoancia.

Para a realización do desfile levamos a cabo un obradoiro coas familias, que son magníficas, xa que responderon xenial. Primeiro quedamos para a elaboración do disfraz e posteriormente para a decoración dos remolques nos que foron as crianzas no desfile.

Hai que dicir que o recorrido era algo longo, dende o CEIP ata o Mesterio de Oia, asique decidimos que no lugar de ir andando iríamos subidos nun remolque.

O Venres xa tiñamos todo preparado para o gran desfile de entroido: disfraces e decoración de remolques. O recorrido foi dende a Galiña Azula de Oia ata o CEIP, onde esperamos a que saíran tódolos nenos e nenas. Unha vez que xa estábamos todos preparados comezou o desfile!! As crianzas pasáronno xenial, inda que penso que o pasaron mellor as mamis e os papis.

                     

O Luns de entroido quedamos en disfrazarnos de “Farricoques”, é dicir, facer un disfraz con roupa que se teña na casa. Mirade que disfraces máis orixinais trouxeron os nosos neniños…

… e o martes podían traer o disfraz que quixeran da casa, estaban guapísimos!!!!

E xa para rematar… puxémonos moi, moi, moi tristes por que o entroido xa remata e temos que esperar outro ano para volver a celebralo.

O día do enterro da sardiña viñeron todos de luto para ir ao enterro… Ai! que mágoa máis grande!!

Durante estes días, ademais de disfrazarnos tamén tratamos de desenvolver na escola algunhas das tradicións ligadas ao entroido, e como somos moi “lajucheiros” levamos a cabo un obradoiro de orellas de entroido. Mirade que guapas e guapos estaban os máis peques da escola disfrazados de cociñeiros!!

Tamén temos que agrdecer a Inés, a mamá de Anxo, que nos trouxera unhas flores de entroido, moi típicas da zona. Estabán boísimas.