Estamos traballando os alimentos na aula dos peixes, con tal motivo experimentamos coa pasta. Os nenos o pasaron moi ben con esta experiencia…
Arquivos mensuais: Abril 2012
“Ti respiras sen pensar. Eu só penso en respirar”: Día Nacional da fibrosis quística
Hoxe é o día Nacional da Fibrosis Quística, unha estrana enfermidade que causa a formación e acumulación dun moco espeso e pegañento, afectando fundamentalmente a pulmóns, intestinos, pácreas e fígado. O síntoma máis común desta enfermidade é a dificultade para respirar, como consecuencia da mucosidade formada nas vías respiratorias.
De feito, un dos lemas da Federación Galega da FQ di: “Ti respiras sen pensar, eu só penso en respirar…”. A partir, deste lema a nosa compañeira Pili, eloborou un vídeo precioso cuxos protagonistas son as crianzas da escola e Leire, a súa sobriña, que padece esta enfermidade.
Con este video pretendemos concienciar un pouco sobre esta enfermidade e facernos pensar que non tódolos nenos e nenas teñen e oportunidade de vivir a vida como nenos que son; non tódolos nenos poden compartir xogos e experiencias con outras crianzas.
Esperamos que vos guste o vídeo elaborado por Pili, as nenas e nenos da escola e Leire
PARABÉNS!!
Celia estivo de aniversario o 31 de Decembro
Miguel cumpliu dous anos o 10 de Xaneiro
Zoe festexa o seu aniversario o 9 de Febreiro
Sara e Miro están de aniversario o mesmo día, polo tanto tivemos celebración por partida doble o 4 de marzo
Anxo naceu o 12 de Marzo e cumpliu tres anos
Lucía Fajar festexou o seu aniversario o 26 de Marzo