RECANTOS

A distribución espacial da aula das Estrelas é por recantos. Aquí deixamos unha mostra do ben que o pasan xogando no recanto da perruquería. Están feitos uns verdadeiros estilistas profesionais!!

Ao longo do curso os recantos van variando. Tivemos os recantos dos bebés e nos encanta exercer de papás e mamás, levalos de paseo, darlles de comer, vestilos,… Tamén nos gusta moito o recanto da comida, do supermercado e da cociniña, somos uns excelentes amos de casa. O recanto da educación viaria e da biblioteca o sabemos empregar moi ben, porque como xa somos moi maiores sabemos que debemos estar en silencio, que temos que cuidar os contos, sabemos facer trens cos coches e coñecemos algunhas señais de circulación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará