NADAL

Máis vale tarde que nunca!! Aquí tendes as fotos de Nadal. En primeiro lugar, temos que dicir que as familias de Oia son do mellor que hai, axudánnos moitísimo e participan en tódalas actividades que se lles propón, moitas grazas familias!!

Como xa é tradición fixemso un obradoiro coas familias para decorar a escola.

Recibimos a visita da carteira, Sonia a mamá de Miro. Uns días antes lle escribimos a carta aos Reis e ela é a encargada de facerllas chegar.

Entre todos os nenos e nenas da escola, fixemos un mural enorme para decorar a sala de usos múltipes. Mirade que bonito nos quedou con tantas cores.

Recibimos a visita de Mari e Antía, a mamá e a irmán de Aitor, que nos viñeron a ensinar panxoliñas e a tocar a pandeireta.

Recibimos a visita de Papá e Mamá Noel. Puidemos falar con eles e dicirlle que somos moi bos, algúns, os máis atrevidos, incluso lle puidemos dar un bico.

Para celebrar este gran acontecemento, Rosana a mamá de Sara, nos trouxo unha torta que estaba boísima!!

Por fin chegou o último día do ano. Todos os cativos viñeron coas súas mellores galas para festexar este gran día. Tomamos as badaladas con gusanitos, bailamos e pasámolo en grande!!

VIÑERON OS REIS MAGOS!! Melchor, Gaspar e Baltasar chegaron dende Oriente a nosa escola. Nos deron caramelos, puidemos pedirlle o que queríamos,… aínda que algúns nos asustamos un pouco aos velos, porque teñen unhas barbas e uns pelos un poucos longos, o pasamos moi ben!!

Patri a mamá de Xan, fixo moitas figuriñas cos globos: cans, espadas, flores,… e a nos nos encantan, é todo unha artista!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *