Arquivos mensuais: Febreiro 2012

O SAMAIN

COA CHEGADA DO PRIMEIRO DE NOVEMBRO, ESTE ANO NA ESCOLA TIVEMOS UN TRASNÓN QUE NOS FACÍA CADA DÍA UNHA FALCATRUADA. TIRÁBANOS TODOS OS XOGUETES, ESCONDÍANOS AS COUSAS,… E NOS ÍA DEIXANDO PISTAS PARA QUE O ATOPÁSAMOS. FOI MOI DIVERTIDO!!!

PARA COMEZAR A DECORAR A ESCOLA FIXEMOS UNHA ACTIVIDADE DE VALEIRAR AS CABAZAS. A PULPA ESTABA MOI RICA E A COMÍAN A PUÑADOS, PERO AS PEPITAS ERAN ALGO DURAS…

POR ÚLTIMO FIXEMOS UNHA GRAN FESTA DISFRAZADOS PARA A OCASIÓN. MIRADE QUE GUAPIÑOS ESTABAMOS E QUE BEN O PASAMOS

DEREITOS DOS NENOS

O día 20 de novembro en conmemoración do Día dos Dereitos do Neno, tivemos unha visita moi especial. As alumnas e alumnos do Colexio de Educación Especial San Xerome Da Guarda viñeron a poñernos un vídeo sobre os dereitos dos nenos que eles mesmos elaboraron.

O primeiro que fixemos na aula, antes de ver o video, foi ter unha conversa coas crianzas sobre os dereitos dos nenos, dunha forma sinxela e adaptada á súa idade. Nomeamos algúns dos dereitos máis significativos para as crianzas, por exemplo:”Dereito a unha familia” e falamos sobre a súa familia, que había nenas ou nenos que non tiñan familia, etc.

O día 20 recibimos a visita tan esperada, as alumnas e alumnos do cole de San Xerome amosáronnos o seu vídeo que lles quedou precioso.

MASAXES

Outro recurso moi interesante para o desenvolvemento dos sentidos, novamente a través do tacto, son as masaxes. As masaxes non só contribúen a proporcionar equilibrio e benestar ás crianzas, senón que tamén os axuda a ir intererizando as súas partes do corpo, disfrutar a través do sentido do tacto, percibir as sensación que lles evoca a masaxe…

Recoméndase a tódalas familias con nenas e nenos de 0 – 3 anos que dediquen un ratiño ao día para facer unha masaxe. O momento ideal soe ser antes da ducha, pola noite. Iso si, recordade utilizar un pouco de aceite corporal. As persoas que estean interesadas no tema das mesaxes podedes falar co persoal educativo da escola e vos podemos prestar documentación e libros acerca desta técnica tan beneficiosa para as vosas crianzas. Ademais, un aspecto moi interesante que teñen é que contribúen a establecer lazos afectivos entre o adulto e a crianza. Coas masaxes todo son ventaxas, animádevos!!!!!

CIRCUITO SENSORIAL

Na aula dos peixes levaron a cabo unha actividade moi interesante, é un cricuito sensorial. Como di o propio nome este é un circuito que lles vai axudar ás crianzas a desenvolver as capacidades sensoriais, sobre todo as sensacións relacionadas co tacto. En primeiro lugar, as crianzas descalzáronse, xa que os pés van ser o órgano sensorial principal nesta actividade. En segundo lugar, de xeito dirixido, con axuda dos educadores, pasearon sobre as distintas texturas. E finalmente, fixeron un uso libre delas. As crianzas tiveron total liberdade para manipular, tocar, chupar… as distintas texturas que se lles ofreceron.

XOGAMOS AOS BOLOS

Na aula das estrelas aprenderon un novo xogo super divertido. Aprenderon a xogar aos bolos. As crianzas ademais de pasalo xenial traballaron unha morea de aspectos psicomotrices, a coordinación óculomanual, o equilibrio, distribución espacial, etc. Así tamén este xogo os axuda a ir asumindo as regras dos xogos.

Mirade o ben que o pasaron!!!