A ESFOLLA

Cando chega o mes de setembro hai que andar atentos, xa que as espigas que temos na horta xa están listas para recoller. Primeiro arricancamos os milleiros para poder traballar todos máis olgados, e despois comezamos a abrir o follato e… tatachán… aparece a espiga!! Despois lavamos a recolleita para a aula e a manipulamos, aprendemos a debullar e xogamos a facer transvases. Unha das cousas que máis lle chama a atención aos cativ@s é que o millo se convirte en fariña. Por suposto para o seu uso hai que peneirala e xa está lista para manipular!!

Na aula de 1-2 fixeron un circuíto de estimulación sensorial con millo, fariña e mazorcas. Tamén manipularon a fariña. Mirade que ben o pasaron coas actividades!!

Para que os nen@s entenderan ben o proceso que hai que facer para que o millo se convirta en fariña, fixemos unha saída didáctica a casa de Pura (unha veciña que vive enfrente a escola). Alí coñecemos outra forma de debullar que nos encantou, era unha máquina na que metías a espiga, xirabas unha roda e… traballo feito. Despois levaron o millo ao muiño (que facía un pouco de ruído, pero non nos asustamos porque somos moi maiores) e saía fariña!!

Pero o que máis lle gustou sen dúbida foron os animais. Xa que andabamos con millo aproveitamos para darlle de comer as galiñas (que lle encanta) e incluso puidemos recoller algún ovo. Tamén había un porco e cabazas e melóns.

As crianzas disfrutaron un montón, lles encanta sair de excursión!!

E para rematar coa experiencia, fixemos pan coa fariña de Pura e pan con fariña triga. O resultado foi todo un éxito, temos uns excelentes panadeiros!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *