Arquivos mensuais: Xaneiro 2012

Experimentamos cos instrumentos musicais

Os máis cativiños da Escola, a aula dos Caranguexos, experimentaron a través dos instrumentos musicais. Este é un material que ofrece gandes posibilidades de experimentación, descubrimento e exploración acerca das propiedades e calidades dos obxectos.

A través deles, as crianzas, ademais de descubrir e explorar os sons que emiten, tamén descobren propiedades dos obxectos, como os distintos tipos de materiais dos que están feitos: metal, madeira, plástico, pel tensada… Cada material ofrece distintas texturas, cheiros, aromas e incluso sabores… xa sabedes que a estas idades todo vai parar a boca.

En definitiva, o traballo cos instrumentos musicais, non só implica o desenvolvemento da estimulación auditiva, senón tódolos demais sentidos: vista, olfacto, tacto e gusto. Non debemos esquecer que as aprendizaxes das crianzas prodúcense a través dos sentidos.

O MAGOSTO

Coa chegada do outono  manipulamos os froitos e o que a natureza nos dá nestas datas: noces, castañas, piñas, follas, setas,… Os nos@s cativ@s disfrutaron un montón coas diferentes texturas.

Os maiores da escola fixeron un experimento con castañas cocidas. As desfixeron, as espachurraron, xogaron con elas e non perdían ocasión de darlle un bocado.

Tamén contamos con Patri, a mamá de Xan, que traballa no San Xerome e viu cos seus mozos a ensinarnos un xogo de castañas que fixeron no seu taller. A resposta foi boísima tanto dos nos@s nen@s coma dos seus… Todos xuntos pescamos castañas!!

Para rematar fixemos unha gran festa con castañas asadas. Bailamos, xogamos a pescar castañas e comemos. Entre todos chegamos a conclusión que as castañas nos gustan de tódalas  maneiras. Están riquísimas!!!

A VENDIMA

As cativas e cativos da Escola infantil de Oia traballaron arreo para a elaboración do viño de máis prestixio da zona do Baixo Miño, é un viño tan tan tan selecto que nin sequera se pode mercar nas tendas de delicatessen. É único e exclusivo para as crianzas da Escola Infantil de Oia.

Durante o mes de outubro as crianzas da escola estiveron aprendendo moitas cousas sobre a elaboración do viño. Dentro das súas posibilidades, levaron a cabo a súa propia produción: recolleron a uva e a pisaron no lagar.

Mentres pisamos as uvas do lagar cantamos a canción do viño:

“O xogo do viño consiste en pisar,

as uvas moradas que hai no lagar.

As piso, as piso e as volvo a pisar

as uvas moradas que hai no lagar”

Ademais de ir descubrindo procesos de elaboración do viño descubren novas sensacións e texturas através dos sentidos e das distintas partes do corpo: a través dos pés perciben o frío da uva e a súa textura, cheiran, saborean…

A partir da temática da vendima as crianzas  poden aprender moitos outros contidos como son as cores: verde e morado; as formas das uvas: unhas son redondiñas e outras máis ovaladas; desenvolven a psicomotricidade fina: debuxando un mural, poñendo gomets redondos sobre as uvas xa pintandas, etc.

A ESFOLLA

Cando chega o mes de setembro hai que andar atentos, xa que as espigas que temos na horta xa están listas para recoller. Primeiro arricancamos os milleiros para poder traballar todos máis olgados, e despois comezamos a abrir o follato e… tatachán… aparece a espiga!! Despois lavamos a recolleita para a aula e a manipulamos, aprendemos a debullar e xogamos a facer transvases. Unha das cousas que máis lle chama a atención aos cativ@s é que o millo se convirte en fariña. Por suposto para o seu uso hai que peneirala e xa está lista para manipular!!

Na aula de 1-2 fixeron un circuíto de estimulación sensorial con millo, fariña e mazorcas. Tamén manipularon a fariña. Mirade que ben o pasaron coas actividades!!

Para que os nen@s entenderan ben o proceso que hai que facer para que o millo se convirta en fariña, fixemos unha saída didáctica a casa de Pura (unha veciña que vive enfrente a escola). Alí coñecemos outra forma de debullar que nos encantou, era unha máquina na que metías a espiga, xirabas unha roda e… traballo feito. Despois levaron o millo ao muiño (que facía un pouco de ruído, pero non nos asustamos porque somos moi maiores) e saía fariña!!

Pero o que máis lle gustou sen dúbida foron os animais. Xa que andabamos con millo aproveitamos para darlle de comer as galiñas (que lle encanta) e incluso puidemos recoller algún ovo. Tamén había un porco e cabazas e melóns.

As crianzas disfrutaron un montón, lles encanta sair de excursión!!

E para rematar coa experiencia, fixemos pan coa fariña de Pura e pan con fariña triga. O resultado foi todo un éxito, temos uns excelentes panadeiros!!

OBRADOIRO DE PAPEL

Na aula dos peixes un día pareceu a clase cheiña de varios tipos de papeis e os pequech@s pasárono xenial manipulando, rasgando, facendo bolas,… Mirade canto disfrutaron con este xogo tan sinxelo. Ademáis con esta actividade traballamos unha morea de cousas como o rasgado, o exercicio da pinza,… é decir o desenvolvemento dos sentidos, a utonimía e a socialización.

XOGO HEURÍSTICO

O Xogo Heurístico é unha actividade de xogo, onde as crianzas interactúan cos diferentes materiais, esta actividade iníciase cando comezan a camiñar ata os 36 meses aproximadamente.

As nenas e os nenos son os protagonistas das súas aprendizaxes (investigan, descobren, relacionan…). A través do xogo heurístico as crianzas disfrutan, colaboran uns cos outros, comparten, etc. Favorece a aprendizaxe por descubrimento, o coñecemento da realidade, a autoestima e respecta o ritmo e as necesidades de cada crianza.

O material empregado debe ser obxectos naturais, de pel, madeira, cortiza… evitándose os materiais plásticos e os xoguetes.

A sesión de xogo heurístico divídese en dúas partes moi importantes:

Fase do xogo: as crianzas experiemntarán cos obxectos.

Fase de recollida: na que terán que clasificar e organizar o material no seu lugar correspondente. Para a recollida de material empregamos sacos nos que as crianzas organizan os materiais.

Nestas sesións, o material colócase en tres focos, nos que colocaremos tres tipos diferentes de materiais e aos que lles engadiremos contedores para que as nenas e nenos poidan trasvasar, transportar, combinar… os materiais.

A sesión terá unha duración de 40 minutos aproximadamente, dependendo do interese das crianzas e do desenvolvemento da mesma. E o espazo debe ser amplo e evitando materiais que poidan distraer a súa atención. Tamén é necesario crear un clima tranquilo co menor número de interrucións posibles.

 Velaí deixamos unha mostra dalgunhas das sesións de xogo heurístico na escola.

FESTEXAMOS OS ANIVERSARIOS

O 27 DE AGOSTO FESTEXAMOS O PRIMEIRO ANIVERSARIO DE DAIANA, ESTA PEQUERRECHA MEDROU MOI AXIÑA!! MIRADE O BEN QUE O PASAMOS…

 

TIVEMOS O DÍA 9 DE SETEMBRO O ANIVERSARIO DE CARLA PASÁMOLO EN GRANDE, ESPECIALMENTE A HOMENAXEADA. MIRADE QUE CARA BAILANDO, TÓDOLOS DÍAS DEMOSTRA QUE É UNHA NENA SUPER FELIZ.

O DÍA 11 FOI O DE MARÍA, O 12 O DE INÉS E O 14 O DE HUGO, PUXÉMONOS AS BOTAS DE ROSCÓN, ZUME E GUSANITOS. FORON UNS DÍAS QUE NOS VIÑERON MOI BEN PARA A ADAPTACIÓN DOS NENOS NOVOS ANXO, LUCÍA E NAIALA, ESTO DAS FESTAS SEMPRE UNE, PARECÍA QUE LEVABAN MOITO MAIS TEMPO CON NÓS.

POR FIN CHEGOU O ANIVERSARIO DAS NOSAS XEMELGAS NOA E LÚA O 7 DE OUTUBRO, COMO MEDRARON NESTE ANIÑO, CO PEQUERRECHAS QUE CHEGARON AQUÍ.

O 20 DE OUTUBRO FESTEXAMOS O  PRIMEIRO ANIVERSARIO DE THAI, COMO NOS GUSTAN AS FESTAS!.

LEVAMOS UNHA BOA CARREIRIÑA CON TANTO ROSCÓN ASÍ NOS ESTAMOS POÑENDO, TEREMOS QUE MONTAR UN XIMNASIO. AS MESTRAS NON SE QUEDAN CORTAS E TAMEN QUEREN A SÚA FESTA, O DÍA 24 TOCOULLE SOPRAR AS VELAS A INÉS.

AINDA SEN RECUPERARNOS DE TODO APARECE O ROSCÓN DE LUCAS O DIÁ 26. HAI OUTRO HOMIÑO POR AHÍ QUE TAMÉN CUMPRE ANOS ESTE DÍA, O NOSO CUCO.

COMO ÚLTIMO ANIVERSARIO DE ESTE ANO 2011 TIVEMOS O DE XAN QUE NON POR SER O ÚLTIMO E MENOS IMPORTANTE, VAIA FESTAZA!!!!