Arquivos mensuais: Xuño 2011

Unha das principais actividades das nenas e dos nenos de 1 a 2 anos é o xogo heurístico. Unha proposta que consiste en poñer a disposición das crianzas distintos tipos de materiais, entre os cales ten que haber varios contenedores (neste caso os botes do leite). O material está repartido pola sala, que para o desenvolvemento da actividade estará libre de interferencias e distraccións. A actividade consiste na manipulación libre dos materiais por parte do alumnado manipulándoo, intercambiándoo, etc. e na recollida semidirixida dos materias nas súas correspondentes bolsas.

XOGANDO COA CESTA DOS TESOUROS

De seguido, vos deixo uns videos de Xan, Zaira de Lúa xogando coa cesta dos tesouros. Esta actividade resulta moi interesante para a etapa de 0 – 1 anos. A cesta dos tesouros consiste en poñer diante dun nenos unha cesta na que haberá diferentes materiais. As características físicas destes materiais deben proporcionarlle aos nenos novas sensacións a través da vista, o tacto, o gusto, o olfacto e o oído.

video-cesta-dos-tesouros

video-cesta-dos-tesouros-2

video-cesta-dos-tesouros-3

 

OS BEBÉS FAN DEBUXOS DE KEITH HARING

Ós nosos bebés convertéronse en auténticos debuxantes e artistas contemporáneos reproducindo debuxos do artista estadounidense Keith Haring ( para saber máis del e da súa obra deixo este enlace: http://es.wikipedia.org/wiki/Keith_Haring). Decidimos traballar con este autor xa que os seus debuxos son moi sinxelos, figuras humanas nas que non aparecen nin ollos, nin boca, etc. pero cunha gran carga de expresividade.

 

  

Para levar a cabo o traballo, o que fixemos en primeiro lugar, foi perfilar a silueta de cada bebé nun anaco de papel continuo cun lápiz que posteriormente sería perfeccionada cun rotulador groso e lle daríamos un pouco de forma, máis ao estilo Haring. Posteriormente, selecionamos as cores semellantes ás que utiliza o artista, cores moi vivas: vermellos, azuis, amarelos, etc. Sendo os propios bebés os que pintaron a silueta co seu propia corpo. Para rematar, os educadores as recortamos e lle puxemos un fondo con cores que contrasten. Mirade o resultado é espectacular!!!

CONSTRUÍMOS UNHA TORRE

Os nenos e nenas de 2 – 3 da escola, convertéronse en albaneis, construtores, arquitectos… A cuestión foi que fixeron unha torre altííísima, tan alta como a profe Alba. Primeiro, era moi pequeniña, despois ía crecendo e facéndose máis alta, aos poucos era máis alta que as crianzas! en xa non podían poñer as pezas… como podemos solucionar este problema??? Subindo a unha cadeira! E a torre creacía e crecía… ata que chegou un momento que nin na cadeira lle chegaban para poñer as pezas… como podemos solucionar este novo problema? Subíndonos á mesa!!!!

Mirado que torre máis alta e máis bonita construíron…