AS LETRAS GALEGAS

Na escola de Oia quixemos festexar o Día das Letras Galegas ao grande, para iso, invitamos a unhas persoas moi importantes.

En primeiro lugar, o luns viñeron a nai de Hugo, de Xan e de Ainara a tocarnos a gaita e a pandereta. O fixeron xenial e as nenas e nenos bailaron moítisimo. Nos cantaron cancións como: A Maruxiña, A Carolina, O pirimpipín, a Muiñeira de Chantada, entre outras. Estiveron moi ben e lles damos a grazas. Estas son algunhas das fotos que sacamos.

03-a-maruxina

        

O mércores seguinte tivemos outra ilustre visita, a nai de Aitor e a tía de Andrés e Victor viñeron a tocar a pandereta e cantar unhas cancións da tradición galega. Este día ademais, os nenos e nenas acompañaron ás cantadeiras tocando as cunchas. Nun principio estaban moi sentadiños escoitando, pero logo soltáronse máis e comezaron a bailar. Moitas grazas!!

              

Para rematar, déixovos un enlace dun video no que un grupo de nenos e nenas de 5 anos representa a través da expresión corporal unha poesía de Lois Pereiro que se titula: “Revisando os danos”. Espero que vos guste.

http://vimeo.com/23489631

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará